Orde pola que se modifican parcialmente a Orde do 1 de agosto de 1997, a Orde do 22 de xullo de 1997, e a Orde do 3 de outubro de 2000, en materia relacionada coa elección de horarios

Mar, 06/07/2010 - 09:00

Xúntase a orde do 28 de xuño de 2010, pola que se modifican parcialmente as Ordes do 1 de agosto de 1997 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996, polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamento, do 22 de xullo de 1997, pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil, dos colexios de educación primaria e dos colexios de educación infantil e primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,  e do 3 de outubro de 2000 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 7/1999, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non  universitarias.