Cultura e Educación participa, a través do secretario xeral de universidades, na entrega dos premios INCUVI- Emprende 2014

No acto desta terceira edición, celebrado na Universidade de Vigo, resaltouse a importancia do emprendemento e do traballo no coworking

Presentáronse 29 proxectos dos foron premiados seis que irán ao campus de Vigo e dous ao de Pontevedra

Mar, 11/02/2014 - 14:15

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada na figura do secretario xeral de universidades, José Alberto Díez de Castro, participou na entrega de premio INCUVI- Emprende 2014, nun acto que se desenvolveu hoxe na Universidade de Vigo.

A aos gañadores e todos o participantes- en total houbo 29 propostas-, dirixiuse o secretario xeral de Universidades que destacou a importancia desta iniciativa en base á mellora das relacións universidade empresa. Asemade Díez de Castro resaltou que estas actividades impulsan o desenvolvemento no alumnado, así como as súas habilidades e capacidades para enfrontarse, segundo destacou “a un mundo en constante cambio”. “A Universidade de Vigo con estas accións demostra ser un centro proactivo que trata de anticiparse ao futuro e mellora a empregabilidade do alumnado”, dixo o secretario xeral.

Proxectos seleccionados

Os gañadores desta terceira edición resultaron ser que foron premiado pola elaboración das súas ideas de negocios creativos baseados nas ramas de coñecementos incluídos nos plans de estudo da Universidade de Vigo. Así no apartado de mostrar cal é o rumbo das indagacións dos investigadores, facéndoas asimilables para a sociedade recoñeceuse o traballo de “Audiobeesual”. Mentres que o proxecto gañador en torno a unha bebida tan popular como o café foi “Café La Parisienne”. Noutro apartado “Innergium” recibiu o galardón por, e a través da Enxeñería enerxética avanzada, axudar a empresas, organizacións, administracións e familias a diminuír os seus custes enerxéticos.

Doutra banda foi premiado o proxecto que nace do estudo da explotación da orientación emprendedora para mellorar os resultados de exportacións das pequenas e medianas empresas, e que se presentou a través de “Orientación para a exportación das PYME”. Asemade “Stukers” presentaron un proxecto no que promoven e axudan á achega de aloxamento para os mozos sen que o traslado a unha nova cidade supoña un trastorno. Por último na Universidade de Vigo acollerá un proxecto que nace dunha proposta orixinal e innovadora que permitirá obter de xeito simultáneo un fertilizante e semente de uva que poden destinarse a diversos usos “Vermicompostaje de Bagazo de Uva”.

Para os viveiros do campus de Pontevedra foron recoñecidos o proxecto que divide a súa actividade entre a formación On-line no ámbito medioambiental coa asesoría integral a empresas para o desenvolvemento de proxectos nese mesmo campo “Formación on-line”, e o proxecto que nace da idea de crear unha aplicación que axude aos diabéticos a mellorar a súa calidade de vida asesorándoo no referente a exercicio, nutrición e saúde “Mueve tu vida”.

A convocatoria

Cómpre recordar que a Universidade de Vigo, a Cidade Universitaria así como a Fundación Universidade de Vigo, apoian a aqueles que queren iniciar novos proxectos empresariais, desde que no 2011 crearon o proxecto de Pre-incubadora INCUVI no Campus de Vigo, que se estendeu ao Campus universitario de Pontevedra no ano 2012.

Nesta edición os destinatarios volveron a ser o alumnado e titulados da Universidade de Vigo no curso 2010/11 ou posteriores, que presentaron proxectos tanto individuais como de grupo. Esta iniciativa ten como  finalidade de promover o emprendemento universitario e o autoemprego, formando e asesorando aos futuros empresarios, para que os coñecementos acumulados durante os seus anos de estudos se visen reflectidos en cousas prácticas, nun produto ou servizo que exemplifique os conceptos de transferencia e de innovación.

O obxectivo

Estes galardóns teñen como obxectivo ofercer aos seleccionados a posibilidade de desenvolver o seu traballo nunha contorna controlada e segura; asesoramento empresarial e económico; axuda para a transferencia do coñecemento e gastos pagos por un ano de estadía na incubadora universitaria. Os proxectos seleccionados, seis no campus de Vigo e dous no de Pontevedra, poderán beneficiarse dunha estadía na incubadora de negocios da Universidade con luz, conexión a internet ou teléfono pagos.

Menús News node R