Cultura e Educación celebra a entrada do aninovo chinés no marco da Escola Oficial de Idiomas de Ourense

O programa inclúe un rito fondamente arraigado na tradición chinesa como é o Baile do Dragón, así como diversas conferencias de expertos sinólogos que ofrecerán unha aproximación a aspectos básicos da cultura do país asiático

Ven, 07/02/2014 - 20:30
Cultura e Educación celebra a entrada do aninovo chinés no marco da Escola Ofici
Cultura e Educación celebra a entrada do aninovo chinés no marco da Escola Oficial de Idiomas de Ourense

A Consellería de Cultura e Educación celebra na Escola Oficial de Idiomas ourensá a entrada do Ano do Cabalo. Asistirá en representación da consellería o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, que estará acompañado por Li Zhang, directora de Hanban-Instituto Confucio de España. O programa de actos dará comezo ás 19 horas co tradicional Baile do Dragón, neste caso realizado cunha peza confeccionada artesanalmente en Galicia, e continuará con tres disertacións de especialistas na lingua e a cultura chinesas.

En concreto, o profesor Peibing Tang presentará o seu traballo como profesor voluntario do Hanban-Instituto Confucio na EOI ourensán. A continuación, o filólogo Modesto Corderí pronunciará a conferencia ‘As celebracións do Aninovo en China’. Como colofón, a xornada péchase coa charla do experto en artes marciais, José Gago, que disertará sobre as orixes do estilo Taichi Yang.