Xornada Erasmus +

Lun, 27/01/2014 - 16:35

ERASMUS + é o novo programa europeo de educación, formación, xuventude e deporte para o período 2014-2020. Co obxectivo de dar a coñecer as posibilidades de financiamento para o desenvolvemento de proxectos de mobilidade e de cooperación, o OAPEE, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ten o pracer de invitar as institucións interesadas do ámbito da educación e da formación á participación na sesión informativa que se desenvolverá en Santiago de Compostela o día 5 de febreiro na Cidade da Cultura.

Os interesados deberán inscribirse na xornada enchendo o formulario electrónico dispoñible no seguinte enderezo: http://www.oapee.es/oapee/inicio.html
 
Data límite de inscrición: 30 de xaneiro de 2014.
 
As xornadas están dirixidas a representantes de institucións potenciais solicitantes de financiamento para o desenvolvemento de proxectos, de todos os sectores da educación e da formación (Educación escolar e de persoas adultas, formación profesional e educación superior), especialmente ás que contan con potencial multiplicador e de liderar, así como cámaras de comercio, axentes sociais, institutos de investigación, empresas, fundacións, ONGs, museos, bibliotecas, autoridades locais e rexionais e outras institucións especialmente vinculadas con grupos en desvantaxe e con necesidades especiais.
 
Xúntase un arquivo co contido das xornadas.
 
Aqueles participantes que non obtiveran esta información a tempo e, como consecuencia, non poidan inscribirse nas xornadas a través do enlace previsto poden solicitar unha inscrición extraordinaria no seguinte correo electrónico: programas.europeos@edu.xunta.es
(indíquese: apelidos, nome, NIF ou NIE, Localidade, cargo institucional e correo electrónico de contacto).
Pode obter máis información nos teléfonos: 981 546553 e 981 540289