Cultura e Educación convocará as axudas Eramus para o curso 2013/2014, das que se poderán beneficiar os case 1.500 estudantes galegos aos que se lles concedeu unha bolsa estatal neste programa

Todos estes estudantes que soliciten a axuda da Consellería poderán obtela, ao gozaren xa da bolsa do Ministerio

As alumnas e alumnos que obteñan a axuda galega verán incrementado seu orzamento das bolsas mensuais nun 15%, recibindo todos os meses 80 euros

A Consellería mantén o orzamento do curso pasado, que xa se incrementou o curso pasado nun 30%, na que é na actualidade a mellor convocatoria do Estado

Os estudantes con mellores expedientes académicos ademais percibiran unha axuda de 500 euros

Dom, 26/01/2014 - 11:00
 Cultura e Educación convocará as axudas Eramus para o curso 2013/2014, das que
Cultura e Educación convocará as axudas Eramus para o curso 2013/2014, das que se poderán beneficiar os case 1.500 estudantes galegos aos que se lles concedeu unha bolsa estatal neste programa

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicará proximamente a convocatoria de axudas para os alumnos e alumnas matriculados neste curso nas universidades galegas e que estean a estudar fóra de España dentro do Programa Comunitario de Mobilidade Erasmus ou do Goberno de Suíza, e que poderán beneficiar a case 1.500 estudantes. Cómpre apuntar que a bolsa de axudas que se repartirá entre eles terá un montante de 1.300.000 euros, mantendo así o orzamento do curso pasado no que xa se incrementou nun 30% con respecto das anteriores convocatorias.

Con esta convocatoria a Consellería volve a dar conta da súa aposta pola asistencia económica aos estudantes, co obxecto de favorecer, a mobilidade de estudantes, a competencia, a igualdade de oportunidades e a excelencia no rendemento académico. Deste xeito favorecese un ano máis a mobilidade estudantil, no sentido de adquirir, actualizar, completar e ampliar as súas capacidades, coñecementos, habilidades, aptitudes e competencias para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Por iso se realiza esta convocatoria de axudas de mobilidade universitaria primando a excelencia no rendemento académico.

A mellor convocatoria do Estado

Galicia conta coa convocatoria máis equilibrada de axudas aos Erasmus de todo o Estado español, en termos cuantitativos e cualitativos, pola súa universalidade e excelencia. Así, pode presentarse a ela calquera estudante que posúa unha bolsa Erasmus, e todos os solicitantes que cumpran este requerimento reciben un mínimo fixo de 80 euros mensuais durante todos os meses - ata 9- que dure a súa estadía no estranxeiro. Ademais, prima o criterio de excelencia académica para recibir unha axuda fixa adicional, que ascende a un total de 500 euros.

As bolsas

Todos os beneficiarios, que poderán chegar aos 1.500, percibiran 80 euros ao mes, o que supón incremento de preto do 15% respecto do curso anterior. Así os alumnos e alumnas que estean un trimestre percibiran 240 euros, os que permanezan un semestre 480 euros, e para o curso completo a bolsa será de 720 euros.

Ademais entre aqueles estudantes con mellor expediente académico asignarase unha contía adicional homoxénea de 500 euros.

Os beneficiarios

As bolsas van destinadas aos estudantes das universidade públicas galegas ou dos centros asociados da UNED da comunidade que realizan estudos oficiais conducentes a títulos de graduado, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, diplomado, mestre, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico. Poderán optar aqueles que estean un mínimo de tres meses no país seleccionado, e que non se beneficiaran desta mesma axuda noutra ocasión anterior.

Estas accións son compatibles coas bolsas e axudas ao estudo de carácter xeral e de mobilidade para estudantes universitarios convocadas polo Ministerio de Educación e coas axudas que para este fin destina a Unión Europea, no marco do Programa de aprendizaxe permanente. Como accións complementarias que son, cobren un ámbito de actuación común coas convocatorias de carácter estatal e un ámbito propio que, nalgúns casos e polas súas propias bases, permiten aumentar a cantidade da axuda que recibe o solicitante por parte do Ministerio.

Menús News node R