Directivos do Banco Sabadell visitaron a Cidade da Cultura

Mar, 21/01/2014 - 17:20
Imaxe de grupo, de esquerda a dereita: María Pereira; Beatriz Gonzalez Loroño; P
Imaxe de grupo, de esquerda a dereita: María Pereira; Beatriz Gonzalez Loroño; Pablo Junceda; Xesús Vázquez Abad; Miquel Molins, Manuel Prol, Jesús Oitavén.

O presidente da Fundación Banco Sabadell, Miquel Molins; o subdirector xeral de Banco Sabadell, Pablo Junceda Moreno e o director institucional de Sabadell Gallego, Manuel Prol,  visitaron a primeira hora da tarde de hoxe a Cidade da Cultura, acompañados polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad. 

Durante o percorrido polas instalacións do Gaiás sumáronse á comitiva o secretario xeral técnico, Jesús Oitaven, a directora xerente da Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño; e a directora de acción Cultural María Pereira.