Cultura e Educación inaugura no MUPEGA a mostra temporal “1970- 1990. Aquel tempo da E.X.B.”

Ven, 20/12/2013 - 19:09
Jesús Oitavén na inauguración da exposición do Mupega
Jesús Oitavén na inauguración da exposición do Mupega

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, inaugurou hoxe o Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) a exposición temporal “1970- 1990. Aquel tempo da EXB”.

Á inauguración da devandita mostra acudiu o secretario xeral técnico, Jesús Oitavén, que estivo acompañado polo director do centro museístico, Emilio Castro.