Cultura e Educación convocará as axudas Eramus para os universitarios de Galicia, que terán un incremento do 15% nas bolsa mensuais

A Consellería mantén o orzamento do curso pasado, que xa se incrementará nun 30% respecto o anterior

Os estudantes con mellores expedientes académicos ademais percibiran unha axuda de 500 euros

A administración galega continúa así a dar conta do seu compromiso co sistema educativo

Ven, 20/12/2013 - 13:10
 Cultura e Educación convocará as axudas Eramus para os universitarios de Galici
Cultura e Educación convocará as axudas Eramus para os universitarios de Galicia, que terán un incremento do 15% nas bolsa mensuais

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicará o vindeiro mes de xaneiro a convocatoria de axudas para os alumnos e alumnas matriculados neste curso nas universidades galegas e que estean a estudar fóra de España dentro do Programa Comunitario de Mobilidade Erasmus ou do Goberno de Suíza. A bolsa de axudas que se repartirá entre eles terá un montante de 1.300.000 euros, mantendo así o orzamento do curso pasado no que xa se incrementou nun 30% con respecto das anteriores convocatorias.

Con esta convocatoria a Consellería volve a dar conta da súa aposta pola asistencia económica aos estudantes, co obxecto de favorecer, a mobilidade de estudantes, a competencia, a igualdade de oportunidades e a excelencia no rendemento académico. Deste xeito favorecese un ano máis a mobilidade estudantil, no sentido de adquirir, actualizar, completar e ampliar as súas capacidades, coñecementos, habilidades, aptitudes e competencias para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Por iso se realiza esta convocatoria de axudas de mobilidade universitaria primando a excelencia no rendemento académico.

As bolsas

Todos os beneficiarios percibiran 80 euros ao mes, o que supón incremento de preto do 15% respecto do curso anterior. Así os alumnos e alumnas que estean un trimestre percibiran 240 euros, os que permanezan un semestre 480 euros, e para o curso completo a bolsa será de 720 euros.

Ademais entre aqueles estudantes con mellor expediente académico asignarase unha contía adicional homoxénea de 500 euros.

Os beneficiarios

Estas accións son compatibles coas bolsas e axudas ao estudo de carácter xeral e de mobilidade para estudantes universitarios convocadas polo Ministerio de Educación e coas axudas que para este fin destina a Unión Europea, no marco do Programa de aprendizaxe permanente. Como accións complementarias que son, cobren un ámbito de actuación común coas convocatorias de carácter estatal e un ámbito propio que, nalgúns casos e polas súas propias bases, permiten aumentar a cantidade da axuda que recibe o solicitante por parte do Ministerio.

As bolsas van destinadas aos estudantes das universidade públicas galegas ou dos centros asociados da UNED da comunidade que realizan estudos oficiais conducentes a títulos de graduado, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, diplomado, mestre, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico. Poderán optar aqueles que estean un mínimo de tres meses no país seleccionado, e que non se beneficiaran desta mesma axuda noutra ocasión anterior.

Menús News node R

Colectivo

Tema

Ensinanza