A Consellería de Cultura e Educación concede 73 bolsas para cursar estudos de máster oficial a persoas desempregadas

O obxectivo é financiar a matrícula aos bolseiros, de tal forma que se lles facilita o acceso aos estudos universitarios

Xov, 12/12/2013 - 14:08
A Consellería de Cultura e Educación concede 73 bolsas para cursar estudos de má
A Consellería de Cultura e Educación concede 73 bolsas para cursar estudos de máster oficial a persoas desempregadas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar no seu portal web a proposta de concesión de 73 bolsas para que as persoas desempregadas poidan cursar estudos de máster oficial de orientación profesional, coa matrícula totalmente gratuíta. Trátase do primeiro ano que o departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad convoca estas axudas, unha nova aposta pola formación ao longo da vida de especial importancia para as persoas que desexan mellorar a súa cualificación para ter maiores oportunidades no mercado laboral.

A iniciativa foi todo un éxito e 73 persoas se beneficiaran destas axudas ao cumprir cos requisitos tanto académicos como laborais indicados nesta primeira convocatoria, que tivo un total de 144 solicitudes.

Das bolsas concedidas, 46 delas foron para mulleres e 27 para homes. A distribución de bolsas por máster é a seguinte:

UVigo. Comercio internacional

5 beneficiarios

UVigo. Dirección e xestión da loxística e a cadea de subministración

5 beneficiarios

UVigo. Enerxía e sustentabilidade

4 beneficiarios

UVigo. Procesos de deseño e fabricación mecánica

4 beneficiarios

UVigo. Creación, dirección e innovación na empresa

3 beneficiarios

UVigo. Dirección de arte en publicidade

3 beneficiarios

UVigo. Economía, mercados financieiros e empresa

3 beneficiarios

UVigo. Enxeñaría da automoción

3 beneficiarios

UVigo. Enxeñaría da edificación e construcións industriais

3 beneficiarios

UVigo. Innovación industrial e optimización de procesos

3 beneficiarios

UDC, USC, UVigo. Acuicultura

2 beneficiarios

UDC. Prevención de riscos laborais e riscos comúns

2 beneficiarios

USC. Desenvolvemento económico e innovación

2 beneficiarios

UVigo. Ciencia e tecnoloxía de conservación de produtos de pesca

2 beneficiarios

UVigo. Dereito de empresa

2 beneficiarios

UVigo. Dirección de pequenas e medianas empresas (PEMEs)

2 beneficiarios

UVigo. Dirección e administración de empresas-MBA

2 beneficiarios

UVigo. Dirección e planificación do turismo interior e de saúde

2 beneficiarios

UVigo. Xestión empresarial do deporte

2 beneficiarios

UDC. USC, UVigo.Bioloxía mariña

1 beneficiario

UDC, UVigo. Dirección integrada de proxectos

1 beneficiario

UDC, USC, UVigo. Matemática industrial

1 beneficiario

UDC, USC, UVigo. Técnicas estatísticas

1 beneficiario

UDC. Asesoramento xurídico empresarial

1 beneficiario

UDC. Contabilidade superior e auditoría de contas

1 beneficiario

UDC. Dirección e administración de empresa- MBA

1 beneficiario

UDC. Planificación e xestión de destinos e novos produtos turísticos

1 beneficiario

USC. Comunicación e industrias creativas

1 beneficiario

USC. Dirección de proxectos

1 beneficiario

USC. Turismo urbano e xestión de empresas turísticas

1 beneficiario

UVigo. Contaminación industrial: avaliación, prevención e control

1 beneficiario

UVigo. Lingua e comunicación nos negocios

1 beneficiario

UVigo. Mecatrónica

1 beneficiario

UVigo. Novedades específicas de apoio educativo

1 beneficiario

UVigo.. Políticas comunitarias e cooperación territorial

1 beneficiario

Esta acción vai dirixida ás persoas en situación de desemprego que remataron os estudos de grao – ou das antigas titulacións equivalentes- con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2010, co fin de facilitar a súa reincorporación ao mercado laboral mediante unha formación especializada, orientada ao exercicio profesional.

Esta convocatoria, que se fixo por primeira vez este curso, é unha das accións desenvolvidas a prol dos estudos como as axudas complementarias para o pagamento da matrícula do alumnado de novo ingreso e de continuidade, posibilitando o apoio económico naqueles casos que non poden acceder ás axudas polo incremento de esixencias académicas da convocatoria do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, malia que cumpran os requisitos económicos establecidos.