A Consellería de Cultura e Educación aposta pola racionalización da oferta de máster para o curso 2014-15

Atendendo ao mínimo de estudantes necesario, e ao non chegar aos 20 esixidos, deixaran de ofertarse, durante o ano que vén, 30 títulos de máster oficial

A resolución, foi consensuada entre todos os axentes implicados aplicando a normativa existente ao respecto e será publicada nos vindeiros días

Lun, 02/12/2013 - 18:10
 A Consellería de Cultura e Educación aposta pola racionalización da oferta de m
A Consellería de Cultura e Educación aposta pola racionalización da oferta de máster para o curso 2014-15

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de aplicar o Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da comunidade autónoma de Galicia, en virtude do cal é preciso que os másters conten cun mínimo de 20 estudantes para ser impartidos.

A normativa

Cómpre recordar que a Instrución da Secretaría Xeral de Universidades, de 20 de setembro de 2013, establece que se impartirán no curso 2013/14 aquelas titulacións de máster universitario que non acaden o número mínimo de alumnado de novo ingreso establecido no artigo 6.2 do decreto 222/2011, pero que non se ofertarán no curso inmediatamente posterior, é dicir, no 2014/15.

Así, e atendendo ao principio de racionalización da oferta, o vindeiro curso deixaran de impartirse 30 másters distintos (33 coas repeticións) nas tres universidades galegas, sendo 17 da de Santiago de Compostela, 9 da Coruña e 7 de Vigo. A resolución e relación de másters suprimidos, que será publicada proximamente, foi determinada e consensuada no grupo de traballo de titulacións do Sistema Universitario de Galicia, no que se atopan representantes das tres universidades, onde se estableceron os criterios de aplicación da normativa existente.

Recuperar másters

No relativo aos másters que se deixaran de impartir no 2014-2015, aConsellería recorda que se as universidades desexan ofertalos de novo poderán traballar sobre eles durante todo o curso co obxectivo de mellorar a calidade e o atractivo dos mesmos, axeitándoos á demanda potencial e adaptándoos á contorna socioeconómica e ás posibilidades de empregabilidade dos egresados. De ser o caso, unha vez realizadas as melloras, as universidades poderán presentar as novas propostas de máster en novembro de 2014, para sometelas ao proceso de verificación e volver a implantalos no curso 2015-2016.

Todas as novas propostas, para obter o informe favorable de envío a verificación, deberán demostrar a súa pertinencia socioeconómica, tal e como establece a orde de 20 de marzo de 2012, de desenvolvemento do Decreto 222/2011.

Decisión pactada

Deste xeito a Consellería continúa a traballar a prol do sistema universitario de Galicia racionalizando a oferta educativa de máster oficiais universitarios co obxectivo de facelos máis atractivos e de maior empregabilidade, ao tempo que se esta a realizar un catálogo estable destas titulacións.

Cómpre recordar que a decisión de aplicar a normativa tamén esta apoiada, segundo o publicado polo informe da CRUE, “La Universidad Españolaen Cifras 2012”no que se indica que á oferta de estudos debe harmonizar con todo o sistema e cunha maior eficiencia. Así a definición precisa os obxectivos reais e os límites que deben existir nas ofertas de grao e de posgrao, é dicir, que a oferta académica das universidades teñan en conta os diferentes a singularidade e a capacidade de especialización de cada institución, así como que a formación académica que imparten favorezan a empregabilidade dos universitarios.

Menús News node R

Colectivo

Tema

Ensinanza