A Consellería de Cultura e Educación e o Concello de Cotobade valoran vías de colaboración en materia educativa e cultural

Mér, 27/11/2013 - 16:55
A Consellería de Cultura e Educación e o concello de Cotobade valoran vías de co
A Consellería de Cultura e Educación e o concello de Cotobade valoran vías de colaboración en materia educativa e cultural

A Consellería de Cultura e Educación e o Concello de Cotobade están a valorar vías de colaboración nos ámbitos cultural e educativo. Con este obxectivo, o secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o alcalde da localidade pontevedresa, Jorge Cubela, mantiveron hoxe un encontro, no que analizaron posibles liñas de actuación para a realización de proxectos comúns entre os gobernos autonómico e municipal.