O secretario xeral de Política Lingüística inaugura a IX Xornada de Normalización Lingüística de FEREGA-CECA

Mér, 30/10/2013 - 13:31
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na confe
Valentín García participou na conferencia de apertura

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitariaparticipou hoxe na IX Xornada de Normalización Lingüística da Federación de Escolas Católicas de Galicia (FEREGA-CECA). O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na conferencia de apertura nun acto no que estivo acompañado polo secretario xeral autonómico da devandita federación, Xosé Reboiras. 

A xornada, que se desenvolve hoxe en Santiago de Compostela, está destinada aos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de ensino integrados en FEREGA-CECA. O programa inclúe un relatorio de Roi Vidal arredor de Roberto Vidal Bolaño, Letras Galegas 2013; unha mesa redonda sobre "O galego na sociedade", na que participarán Carlos Varela, Ángel Carracedo e Malú Bergantiños; obradoiros de Paula Carballeira e Anxo Fariña; e a actividade lúdica "Contos que non falten!", a cargo de Celso Sanmartín.

Menús News node R