Concesión das bolsas destinadas aos estudantes universitarios que participan en programas de mobilidades con países extracomunitarios no curso 2013/2014

Mér, 18/09/2013 - 09:49

Xúntase a proposta de concesión de bolsas destinadas aos estudantes universitarios que participan en programas de mobilidades con países extracomunitarios no curso 2013/2014. Esta listaxe faise pública exclusivamente a efectos informativos. (Próxima publicación no DOG)

Segundo dispón o artigo 12 da bases da convocatoria, os solicitantes concedidos, deberán presentar, no prazo de 5 días ante a Secretaría Xeral de Universidades, asinada,  a aceptación ou renuncia á bolsa, segundo o modelo que figura como anexo a esta nota informativa. A aceptación ou renuncia tamén poderá enviarse a través do Fax, ao número 981-545422 ou ao correo electrónico sxu@edu.xunta.es

De conformidade co artigo 14º, apartado d) deberá remitir a Secretaría Xeral de Universidades  unha vez finalizado o programa de mobilidade, unha certificación do órgano competente da universidade da realización do programa de intercambio.

Menú Advertisement

Bolsas

Sen términos

Colectivo

Tema

Ensinanza