O conselleiro de Cultura e Educación visita o CEIP Laverde Ruiz, en Outeiro de Rei
Xesús Vázquez Abad percorreu as instalacións do centro, onde o seu departamento ten investido máis de 39.000 euros para a mellora das instalacións e o apoio á biblioteca escolar
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe o CEIP Laverde Ruiz, acompañado pola delegada da Xunta na provincia de Lugo, Raquel Arias; a directora do centro, Ana María Doval; e mais polo xefe territorial da Consellería na provincia de Lugo, José Jesús Ramos Ledo.
Durante o seu percorrido polas instalacións o conselleiro salientou o investimento de máis de 39.000 euros para a mellora das instalacións e o apoio á biblioteca escolar que o seu departamento ten feito neste centro, no que comezaron esta semana as clases máis de 200 alumnas e alumnos.
Tal e como sinalou Xesús Vázquez, os investimentos dirixíronse ás reformas dos aseos da planta alta, e aos do profesorado na planta baixa e á creación dun local de limpeza. Ademais, o centro conta cunha aula dixital, e recibe o apoio da Consellería para a mellor ados fondos da súa biblioteca e par ao impulso de actividades de fomento da lectura neste espazo.
Con esta visita o conselleiro continúaa achegarse aos centros educativos galegos para coñecer en primeira persoa o desenvolvemento da actividade docente e da comunidade educativa nos primeiros días de curso escolar.