A Consellería de Cultura e Educación adxudicou xa 586 prazas de mestres substitutos para cubrir as necesidades dos centros educativos

Xov, 12/09/2013 - 15:20

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten adxudicado xa un total de 586 prazas de mestres substitutos para cubrir as necesidades dos centros educativos. Deste xeito o departamento educativo da Xunta de Galicia volve demostrar, un ano máis, a súa dilixencia neste sentido, cunha rápida cobertura de prazas de substitutos que dá mostra da súa capacidade de resposta diante das necesidades que xorden nos centros educativos galegos, especialmente no inicio de curso, procurando a maior rapidez na atención das necesidades que presentan os colexios.

En calquera caso, o equipo da Consellería continúa a traballar coa máxima celeridade para cubrir os postos de mestres substitutos no menor tempo posible.