Puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais do baremo no corpo de profesores de Música e Artes Escénicas, para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, nas especialidades de Espazo Escénico e Iluminación

Ven, 20/09/2013 - 08:35

Xúntase o Anuncio do 9 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais do baremo no corpo de profesores de Música e Artes Escénicas, para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, nas especialidades de Espazo escénico (594448) e Iluminación (594450), aberto mediante o Anuncio do 27 de maio de 2013, desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia do 5 de xuño).

  • Contra estas puntuacións provisionais e relación provisional de excluídos poderá interpoñerse reclamación no prazo de dez días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.