A Consellería de Cultura e Educación está ao día do pago de libros de texto do programa da “Gratuidade solidaria”

As axudas para libros están a ser solicitadas polos estudantes de ESO que se matriculen en setembro e para o alumnado que se incorpore ata o vindeiro 31 de marzo de 2014

Galicia é a comunidade autónoma que porcentualmente máis cartos inviste nas axudas de libros ao estudantado beneficiando a sete de cada dez alumnas e alumnos

Ven, 06/09/2013 - 16:32
 A Consellería de Cultura e Educación está ao día do pago de libros de texto do
A Consellería de Cultura e Educación está ao día do pago de libros de texto do programa da “Gratuidade solidaria”

Xestionadas e pagados o 100% das facturas presentadas ata o momento polos libreiros, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está ao día no pago dos libros de texto relativos á “Gratuidade solidaria”, para o curso 2013-2014.

Así, e a Consellería, a Xuntacontinúa recibindo solicitudes xa que o prazo continúa aberto para o alumnado da ESO que realice a matrícula en setembro e para as novas incorporacións que se produzan ata marzo do 2014.

Deste xeito a Xuntade Galicia continúa a realizar unha importante aposta pola educación sendo unha das poucas comunidades autónomas que manteñen axudas para adquisición de libros de texto, e sendo a que, porcentualmente, máis inviste nestas accións que benefician a sete de cada dez estudantes.

Solicitude de axudas

Cómpre recordar que a convocatoria para acceder a estas prestacións saíu publicada na Orde do 30 de maio de 2013. Para recibir estas axudas as familias presentan nos centros unha solicitude por cada fillo, e os responsables dos centros as introducen a no sistema informático. Unha vez validados os datos, o centro xera un vale identificado cun código de barras por cada alumno beneficiado da axuda, que se entrega ao solicitante e serve para recoller os libros e o material no establecemento que libremente escollan.

Unha vez entregados os libros e material escolar ao solicitante, o establecemento dispón dos correspondentes vales, que lle permite a elaboración das correspondentes facturas agrupadas que se están a presentar ante a Xefatura Territorial da Consellería na súa provincia.