Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do SUG potencialmente cofinanciadas polo FEDER no marco do Programa operativo de Galicia 2007/2013 para o exercicio 2013

Lun, 15/07/2013 - 08:30

Xúntase a Orde do 5 de xullo de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema universitario de Galicia, potencialmente cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo de Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2013.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao de publicación no DOG da orde de convocatoria.