A Consellería de Educación anuncia a súa decisión de contar con menos unidades concertadas o vindeiro curso

Mar, 09/07/2013 - 21:30

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria anunciou a semana pasada aos centros de educación diferenciada, a súa decisión provisional de desconcertar o primeiro curso de primaria, de cara ao vindeiro ano escolar. Nesa mesma comunicación dirixida a todos os centros concertados –a resolución definitiva non sairá ata máis adiante, despois do período de alegacións- prevese que para o vindeiro curso vaian menos unidades concertadas que as actuais.

O número de unidades concertadas no CPR Aloya de Vigo non se verá incrementado. O centro realiza modificacións da súa oferta cada ano en función das autorizacións que ten ao reunir os requisitos legais para elo. Tratase dun ciclo formativo ao que se lle vai cambiar o currículo para o curso 2014/2015 que é cando se implantará nos centros públicos necesarios.  Ademais, é erróneo falar de segregación xa que neste tipo de centros nos ciclos formativos non existe preferencia de homes sobre mulleres ou viceversa como acontece en infantil e primaria.

Finalmente, a Consellería quere lembrar que a oferta de FP, non ten que pasar pola mesa sectorial xa que foi informada polo Consello Galego de Formación

Polo demais, e en relación coa denuncia que sobre o particular vén de facer pública a CIG, a Consellería expresa o seu malestar de que unha vez máis a devandita organización amose o seu único interese en politizar o ensino, actuando como un instrumento ao servizo de determinados intereses partidarios.