FSE+ Galicia 2021-2027 - Programas de apoio á inclusión educativa e atención á diversidade

Mar, 07/05/2024 - 10:06

 

  

 

 

 

 As operacións de Atención á diversidade e garantía da equidade educativa están cofinanciadas nun 60% polo Fondo social Europeo dentro do Programa FSE+ Galicia  2021-2027 no marco do obxectivo Político 4 “Unha Europa máis social mediante a aplicación do pilar europeo de dereitos sociais”.

Estas actuacións, dirixidas ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, teñen como obxectivo a inclusión educativa de todo o alumnado e a redución do abandono escolar temperán. O obxecto destas actuacións é a atención, a través de docentes coas especialidades de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, daquel alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e, de forma especial, do alumnado que presenta necesidades educativas especiais.

En definitiva, a finalidade principal dos programas é a plena inclusión do alumnado contribuíndo así á mellora do éxito escolar. Trátase, polo tanto, dunha medida esencial para reducir a taxa de abandono escolar temperán na Comunidade Autónoma de Galicia, que permitirá acadar o obxectivo fixado para 2030 pola Comisión Europea dunha taxa inferior ao 9%.

As operacións de Atención á diversidade e garantía da equidade educativa encádranse na medida 3.F.02.- Programas de diversificación curricular, de atención á diversidade e garantía da equidade educativa, no obxectivo específico ESO4.6.- Promover a igualdade de acceso a unha educación e unha formación de calidade e inclusivas e a súa culminación, en particular para os colectivos desfavorecidos, desde a educación infantil, pasando pola educación e a formación xerais e profesionais, ata a educación superior, así como a educación e a aprendizaxe dos adultos; así mesmo, facilitar a mobilidade educativa para todos e a accesibilidade das persoas con discapacidade, na Prioridade 3.- Educación e formación, do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

A porcentaxe de cofinanciamento da unión Europea é do 60%. Esta achega contribúe a financiar os custos laborais dos docentes especialistas en Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe así como os custos indirectos derivados da súa intervención na atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

 

Normativa

 

 

Disposicións comúns

 

Regulamento FSE+:

 

 

Documentos de programación e xestión

 

Operacións seleccionadas

 

Información e comunicación

Obrigas en materia de difusión e publicidade:

  • Informar ao profesorado das especialidades Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe sobre o cofinanciamento polo FSE+, nos centros que foron seleccionados na operación.

  • Poñer no taboleiro de anuncio do centro educativo e na súa páxina web, se a tiver, o cartel anunciando a axuda do FSE+ segundo o modelo que se axunta no enlace anterior.

  • Na documentación e nos materiais de comunicación relacionados coa execución destes programas destinados ao público e aos participantes, incluirase unha mención que destaque a axuda da Unión Europea de maneira visible. Tamén se recomenda incluír a referencia ao Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Enlaces de interese: