Configuración de idioma no correo @EDU.XUNTA.GAL

Mar, 12/04/2022 - 11:05

O luns 11 de abril, realizouse unha actualización do servizo de acceso ao correo EDU mediante o navegador web. Dita actualización consistiu no cambio do software que prové dito servizo a unha nova versión que corrixe algúns erros xa detectados e mellora o rendemento no acceso ás caixas de correo.

Despois de realizada esta actualización, o acceso ao servizo a través da dirección web https://correoweb.edu.xunta.gal/ realízase a través do formulario que se mostra a continuación:

O idioma que se pode seleccionar no campo despregable IDIOMA, permite que o usuario/a elixa a lingua na que desexa ver dito formulario, xunto co texto que mostra:

    

Por defecto, este formulario selecciona o idioma que cada usuario/a teña configurado na listaxe de idiomas como primeira lingua do seu navegador para mostrar as páxinas web.

Se o usuario/a desexa seleccionar a lingua galega ou calquera outro cambio de preferencia de lingua no navegador web, é imprescindible que o determine persoalmente no seu navegador a través dos seguintes pasos:

No Mozilla Firefox

  • Accedendo á opción do menú FERRAMENTAS→ CONFIGURACIÓN

  • Na lapela XERAL

  • Na sección IDIOMAS , pulsar o botón ESCOLLER

  • Seleccionar o idioma desexado (Galego [gl] / Español [es] / Inglés [en]), e pulsar o botón ENGADIR

  • Seleccionar o idioma desexado, e pulsar o botón SUBIR ata que sexa o primeiro idioma na listaxe de preferencias.

  • ACEPTAR os cambios realizados.

  • Reiniciar o navegador

 

No Google Chrome

Este navegador non ten opción de establecer o idioma galego.

 

No Microsoft Edge

  • Accedendo á opción do menú FERRAMENTAS-> CONFIGURACIÓN

  • No menú da esquerda pulsar no botón IDIOMAS

  • Pulsar AGREGAR IDIOMAS, seleccionar o idioma desexado (galego [gl-ES] / inglés - Reino Unido [en-GB] / español – alfabetización internacional [es-ES]) e ACEPTAR

  • Seleccionar o idioma desexado, e pulsar o botón SUBIR ata que sexa o primeiro idioma na listaxe de preferencias.

  • Reiniciar o navegador.

Unha vez que se accede á caixa de correo, a contorna de traballo móstrase por defecto en idioma galego, como se pode ver na imaxe seguinte:

 

Para modificar o idioma da contorna de traballo deben darse os seguinte pasos:

  • Acceder a opción que ten unha roda, na parte superior do menú situado no centro da contorna de traballo.

  • Seleccionar no despregable OPCIÓNS > PREFERENCIAS GLOBAIS

 

  • Seleccionar a sección IDIOMA E HORA

  • Na dita sección SELECCIONE O SEU IDIOMA PREFERIDO, pulsar en GARDAR

  • Saír da contorna de traballo e volver acceder mediante o usuario e contrasinal correspondente.

Nestas primeiras semanas de funcionamento da nova versión do servizo de acceso mediante navegador web ao correo EDU, e por mor de axustes na configuración do servizo pódense producir cortes no servizo, ou períodos de baixo rendemento. Coñecedores das molestias que isto supón aos/ás usuarios/as do servizos, pedimos, de xeito anticipado, desculpas por estas circunstancias.