O Plan de convivencia do centro educativo
Plan de convivencia escolar

O Decreto 8/2015 dedica a sección 1ª do capitulo II, do título II o plan de convivencia, indicando que é o documento no que se articula a convivencia escolar e as liñas xerais do modelo de convivencia que se pretende implantar, os obxectivos específicos que cómpre alcanzar, as normas que a regulan e as actuacións que se deben realizar neste ámbito para a consecución dos obxectivos proxectados. En definitiva, é un proxecto de reflexión e pensamento en que se sinalan as liñas de actuación para a mellora da convi­vencia no centro docente.