Skip to Content

Queremos un entorno VERDE!

Alumnado e profesorado do IES Xoán Montes expresamos o noso malestar pola tala das árbores diante do noso centro. As mensaxes escritas polos rapaces amosan a conciencia que teñen sobre estes seres vivos e a indignación fronte accións tan contrarias á vida como estas.

Na noticia relacionada na prensa indícase que serán substituídas por árbores do paraíso. Non atopamos sentido a ter que plantar especies exóticas coa riqueza paisaxística coa que contamos en Galicia. 

escola verde

Manifestación contra a tala de árbore. Foto de Amparo Veiga

Exposición "Empieza el espectáculo. George Meliès y el cine de 1900"

O alumnado de Historia do Mundo Contemporáneo de 1ºBAC tivo a ocasión de visitar a exposición sobre a George Meliès, cineasta francés qeu cambiou a historia do cine. 

Na mostra guiada coñecimos como foron os primeiros pasos no cine, con aparellos como o kinestoscopio e as primeiras proxeccións para o público. Será a principios do s. XX cando George Meiliès realizará numerosas aportacións para a historia do cine. O alumnado quedou asombrado cos efectos especiais que conseguían neses primeiros estudos cinematográficos e, en especial, na coñecida película "El viaje a la luna" (1902). A exposición organizada por La Caixa rende unha homenaxe aos inicios no cine nas feiras cunha coidada posta en escea. 

melies

Visionando a película Viaje a la luna de George Meliès. Foto de Marta Coria. CC BY-SA

Programa A Ponte USC. Charla temática de linguaxes de programación e robótica.

O pasado martes, 28/11/23, os alumnos de 4º ESO e 1º de bacharelato do noso centro desfrutaron dunha charla temática sobre linguaxes de programación e robótica impartida polo profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo D. Efrén Arias Jordán

Esta charla está enmarcada dentro do Programa A Ponte da USC, no cal o profesorado da USC imparte charlas sobre contidos do seu ámbito docente e/ou investigador, dirixidas a alumnado de Bacharelato e Ciclos formativos. 

USC robótica

Linguaxes de programación e robótica. Fotografía de Julián Rodríguez

Visita a Sotavento 4ºESO

Nesta actividade o alumnado de 4º ESO aprenderon como funciona un parque eólico e como se xestiona o subministro de electricidade no noso país.

Tamén descubriron a importancia do uso eficiente da enerxía grazas ás cosntruccións bioclimáticas, nas cales se elixen tanto o tipo de materais como a orientación e arquitectura para aforrar recursos naturais e gasto enerxético.
 
A sesión incluiu un refrixerio con un chocolate quentado grazas a enerxía solar.
Sotavento
 
Quentando o chocolate con enerxía solar. Foto de Amparo Veiga

LUGO THEN AND NOW

Alumnado de inglés 4º ESO fixo unha saída dentro de seu proxecto Lugo then and now para descubrir os cambios que transformaron a cidade nos últimos 50 anos. Completaron o traballo con entrevistas aos maiores da familia que aportaron a memoria persoal ao seu estudio e observación da cidade actual.
Moi satisfeitos cos resultados da visita que eles mesmos guiaron polo casco histórico da cidade.
 
saída inglés
Fotografía de Silvia Carballido

Visita aos Xulgados de Lugo. Programa Educar en Xustiza

Hoxe 20 de novembro, o alumnado de 1º de Bacharelato visitou os xulgados de Lugo nunha actividade complementaria organizada dende o Departamento de Economía e Xeografía e Historia.

Esta actividade está enmarcada dentro do Programa Educar en Xustiza que promove o Consello Xeral do poder xudicial. Traballouse previamente na clase un material didáctico remitido do programa para familiarizarnos co vocabulario específico, organización do poder xudicial en España e para coñecer mellor o seu funcionamento.

No xulgado nº2 do penal, o alumnado tivo ocasión de presenciar algúns xuízos ao longo da mañá, e acordos de conformidade que evitaron a celebración do xuízo, así como recibir a explicación da xuíza e do fiscal, que comentaron diversos aspectos de interese axudando a entender con máis claridade todos os procesos e as posibles consecuencias das distintas actuacións, tanto multas como penas.

Programa YAM

YAM é un programa escolar dirixido á mocidade entre 13 e 17 anos no que se aprende e debate sobre saúde mental.

Ver or aquivos adxuntos para máis información.

PREMIO EXTRAORDINARIO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA AO RENDEMENTO ACADÉMICO, PARABÉNS SANDRA!

A alumna Sandra González, que actualmente cursa 1ºBacharelato no noso centro, acaba de recibir a concesión dos Premios Extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico concedidos pola Consellería de Cultura, Educación e Formación Persoal.

Fíxose eco desta boa noticia o diario El Progreso (11/11/23). Podes consultar aquí a noticia.

Noraboa, Sandra, por recibir ese recoñecemento ao teu esforzo e constancia!

recompensa

Recompensa. Flaticon. CC-BY

Visita á exposición fotográfica "Fragmentos de onte" de Ruth Matilda Anderson

O alumnado de 2ºBAC de Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia vistitou o martes 7 de novembro unha exposición de Ruth Matilda Anderson que recollía algunhas fotos da Galicia de fai cen anos.

Ruth Matilda fotografou escenas tradicionais galegas como por exemplo o oficio das leiteiras, postos artesanais que se montaban feirasda, a taberna como lugar de reunión pero tamén de correos ou para mercar produtos de ultramar. Tamén amosabase a vestimenta dos vestimenta dos homes e mulleres nesa época. Por un lado, destacaban os elaborados traxe de voda de veludo con cristias cosidos a man. Por outro, recollíanse mostras do traxe dos músicos e dos bispos da época. 

expo 

Exposición fotográfica de Ruth Matilda Anderson. Fotografía de Marta Coria.

Distribuir contido


by Dr. Radut