INFORMACIÓN FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO

No enlace dispoñen de toda a información do fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar para alumnos da ESO para o vindeiro curso escolar 2021-22.

 

Listaxes definitivas admisión curso 21/22

Xa se poden consultar no tablón do centro as listaxes definitivas do alumnado admitido e excluido para 1º ESO e 1º Bac (todas as modalidades).

O alumnado dos restantes cursos están todos admitidos.

PROCEDEMENTO E CALENDARIO RECLAMACIÓNS 1º BACHARELATO E ESO

Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

PROCEDEMENTO E CALENDARIO RECLAMACIÓNS 2º BACHARELATO

Nesta circular poden informarse sobre o procedemento e prazos que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no 2º curso de bacharelato. Tamén inclúe modelos orientativos de solicitude. 

CALENDARIO EXAMES CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE MAIO

Calendario exames ESO convocatoria extraordinaria MAIO (materias pendentes de cursos anteriores e non superadas no programa de recuperación).

Calendario exames 2º BAC convocatoria extraordinaria MAIO (MATERIAS PENDENTES 1º BAC)

Admisión 21/22

Información sobre o proceso de admisión

HORARIO DE ATENCIÓN AO ALUMNADO E ÁS FAMILIAS ANTE PECHES DE AULAS OU DO CENTRO

Consulten no enlace o horario e a forma de atención ao alumnado e ás familias en caso de peche dalgunha aula ou do centro. 

O departamento de Orientación do IES Xoán Montes vén de recibir un recoñecemento polo seu labor

 

O Departamento de Orientación do IES Xoán Montes acadou o recoñecemento polo seu compromiso e traballo que desenvolve desde hai anos coa fundación ALAR Galicia, dependente da Xunta de Galicia. O programa é o Proxecto Coaching Menores de acompañamento social e adestramento de vida co obxectivo de favorecer o desenvolvemento integral.

 

Este programa consiste no acompañamento individualizado de rapaces/as entre 12 e 17 anos co obxecto de cubrir as súas espectativas e necesidades, transformando posibles situacións de conflicto persoal en momentos superados de forma positiva, de forma que centra a súa actuación en axudar a aprender, no lugar de ensinar.

Estiveron presentes no acto, ademais da orientadora Cristina Vila quen se encargou de recoller a placa conmemorativa, o xuíz D. José Antonio Vázquez  Taín, o director de Alar Galicia D. José Antonio González Truque e o presidente da Xunta da Galicia D. Alberto Núñez Feijoó.

 

foto 2

 

foto 3 

 

Powered by Drupal - Design by artinet