Skip to Content

Remate do torneo Fútbol Sala 2023-2024

Vén de rematar a competición de fútbol sala do IES Xoán Montes. Organizouse nun torneo de 1ºESO e 2º ESO con seis equipos participantes, e un torneo con sete equipos de 3ºESO, 4ºESO e 1ºBAC.

Podedes ver toda a información dos torneos aquí.

Noraboa aos dous equipos gañadores!

torneo

 

Torneo. Icona de Flaticon

CANCELADA Charla para as familias "Eficiencia enerxética climática"

CANCELADA A CHARLA "EFICIENCIA ENERXÉTICA DOMÉSTICA" DEBIDO AO BAIXO NÚMERO DE PERSOAS INSCRITAS. 

O IES Xoán Montes na 1º Feira de Educación, Formación e Emprego de Lugo

Pois hoxe 23 de maio alá fomos a informarnos todo o alumnado de 4º de ESO coas súas titoras e a orientadora.

O obxectivo deste evento, organizado polo Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e coorganizado pola Xunta de Galicia, é proporcionar información, asesoramento e orientación para facilitar unha elección axeitada a todas aquelas persoas que se enfrontan á toma de decisións relativa ao seu futuro educativo e profesional.

A variada oferta dispoñible en FP e en ensinanzas de réxime especial da contorna está representada polos centros integrados de FP CIFP As Mercedes (Lugo) , CIFP Politécnico de Lugo e CIFP Porta da auga (Ribadeo); polos institutos IES Monte Castelo (Burela), IES da Terra Chá, José Trapero Pardo (Castro de Rei), IES de Foz (Foz), IES Sanxillao (Lugo), IES Lucus Augusti (Lugo), IES San Rosendo (Mondoñedo). ), IES A Pinguela (Monforte de Lemos) e IES Río Cabe (Monforte de Lemos); polo Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, o Conservatorio Superior de Música Xoán Montes (Lugo), a Escola Oficial de Idiomas de Lugo e a Escola de Artes e Deseño Ramón Falcón.

Tamén había información de outras opcións como a Garda Civil, a Armada ou distintas Universidades. 

Variada información para o gran abano de posibilidades que ten o alumnado. 

 Imaxes de Beatriz López CC BY-SA

Charla para as familias "Eficiencia enerxética climática"

O próximo martes, 28 de maio, de 16:30 a 18:30 terá lugar a charla para as familias e profesorado "Eficiencia enerxética doméstica" na biblioteca do IES Xoán Montes.

Esta actividade enmárcase dentro da liña de traballo sobre educación ambiental e reciclaxe, desenvolvida neste curso e que nos gustaría estender ás familias. Nesta ocasión contamos coa presenza de Manuel Díaz, responsable da área didáctica do Parque Eólico Experimental Sotavento que é un experto do tema, ademais dun magnífico comunicador.

Por unha cuestión de aforo, agradécese a inscrición escribindo un correo a martacoria@edu.xunta.gal

sotavento

Grazas a Taller de solidaridade e ás enredadas no cambio

Hoxe 22 de maio tivemos a sorte de poder desfrutar, como colofón á actividade realizada durante o mes de abril, de dinamización do emprendemento e exposición de Enredadas no cambio, da experiencia de dúas das protagonistas de Enredadas.

Invonnsabel Zambrano, estilista colombiana e Sofía Vázquez Manzano, cooperativista de Mulleres colleiteirasacompañadas de Luz Marina Monsalve, traballadora social da institución San José Obrero, que promove a formación profesional de xoves en situación de vulnerabilidade en Medellín, Ana Silva Romero e Rafael Veiga de Diego, da ONG Taller de Solidaridade achegáronnos as súas experiencias durante dúas sesións.

O alumnado de 2º da ESO, e de 4º da ESO da materia Economía e Emprendemento, puido coñecer de primeira man a situación das familias en Medellín, de como as mulleres loitan por labrar o seu porvir e o das súas familias... e non so en Colombia senón tamén ben pertiño, mulleres desfavorecidas da Coruña como Sofía, que perseguíu e conseguíu o seu soño de ser independente favorecendo a sostenibilidade.

Grazas por compartir connosco a vosa experiencia e enerxía inspiradora.

 Imaxes de Beatriz López CC BY-SA 

Exames convocatoria extraordinaria 2º BAC e pendentes de 1º BAC

Calendario de exames para 2º BAC, convocatoria extraordinaria.

Fondo libros curso 2024-25

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
CURSO ESCOLAR 2024/25

 

Prazo: Dende o 21 de maio ata o 21 de xuño.

 

Toda a información nos arquivos adxuntos.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: Luísa Villalta

No IES Xoán Montes celebramos as Letras Galegas 2024 que este ano adícase á figura de Luísa Villalta!

Durante os recreos proxectamos este fantástico vídeo de homenaxe elaborado polo alumnado de 1ºESO coordinados pola profesora Ana Rico. O cartel que serve de portada foi elaborado polo alumno de 1ºESO Mario Vázquez.  

Vídeo homenaxe a Luísa Villalta elaborado por alumnado de 1ºESO

Noraboa a Lucía Ramil polo seu premio no XIV Concurso de marcapáxinas Letras Galegas

Queremos dar a noraboa a alumna Lucía Ramil de 2º BAC por gañar un accésit no 14º Concurso de marcapáxinas Letras Galegas 2024, organizado polo IES San Clemente. Como sabedes, este ano adícase á figura de Luísa Villalta e Lucía compuxo un fermoso marcapáxinas para a ocasión.

marcapáxinas

 

Distribuir contido


by Dr. Radut