Skip to Content

CALENDARIO PARA A RECUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES Curso 2023-24

No seguinte calendario figuran as datas para a recuperación das materias pendentes de cursos anteriores.

LIÑAS DE TRANSPORTE E PARADAS AO IES DE VILALONGA

Xuntamos documento actualizado coas liñas de transporte integrado que ten asignadas o alumnado do IES de Vilalonga, coas paradas de cada liña e o horario de comezo da mañá e tarde. 

Dende a empresa de transporte pídennos que lles comuniquemos que a parada da Vichona pasa á liña 9 e polo tanto o alumnado desa parada terá que coller agora o autobús de Viliquín (e non o de Simes).

Un saúdo. 

XORNADAS FORMATIVAS PARA NAIS E PAIS

O Concello, o Centro de Formación e Recursos de Pontevedra (CFR) e as ANPAs retoman as xornadas formativas dirixidas a pais e nais. A primeira charla formativa deste curso levarase a cabo este venres, 19 de novembro ás 20,00 h no Pazo Emilia Pardo Bazán e estará a cargo da dietistanutricionista Lidia Folgar. A inscrición realizarase chamando ao 986 727 936 de 8,00 a 15,00 h e de 16,00 a 20,00 h. As familias que o precisen disporán de servizo de ludoteca para poder deixar aos seus fillos/as mentres asisten a charla.

CRITERIOS E PROCEDEMENTO PARA DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE ESO

Publicadas as instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 28 de outubro de 2021  pola que se regulan os criterios e o procedemento de distr

ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR E PUBLICACIÓN DO CENSO ELECTORAL

 A partir do vindeiro luns 8 e ata o luns 15 de novembro, ambos os dous días incluídos, poderanse presentar as candidaturas para as eleccións ao Consello Escolar nos distintos sectores que compoñen a comunidade educativa do IES de Vilalonga: alumnado, profesorado, responsables do alumnado e persoal non docente.

PROTOCOLO E PLAN DE CONTINXENCIA NOVOS DO IES DE VILALONGA

Publicamos os borradores do Protocolo e Plan de continxencia do novo curso 2021-22, á espera de actualizar datos para facelo definitivo. Faltan algúns anexos polas mesmas razóns.

 

 

Fonte: Freepik

COMUNICACIÓN PARA O INICIO DO CURSO

 

Estimadas familias e alumnado:

 

Ante as informacións erróneas que se están a espallar e das que temos noticia polas consultas realizadas, informamos de que o curso comezará o vindeiro mércores 15 de setembro para todos os niveis educativos, agás ESA (adultos) que o fará o día 23.

PRAZO DE RECLAMACIÓNS DAS NOTAS DA AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO

 

Normativa de aplicación de reciente publicación (distinta da recollida nas NOFC), pode consultarse en https://www.edu.xunta.gal/portal/node/33549

 

 

 

Bolsas para alumnado de Bacharelato, necesidades específicas de apoio educativo e FP

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca as bolsas e axudas económicas para o Curso 2021-22 cuxo prazo para a presentación de solictudes é ata o 30 de setembro.

AVISO INTERRUPCIÓN DA AULA VIRTUAL

A partir do 28 de xullo, levarase a cabo o proceso de actualización do software da aplicación Moodle coa que se implementa a aula virtual da Web Dinámica do noso centro. Pasaremos da actual versión 3.3 á versión 3.9 de Moodle.

Este proceso de actualización terá unha duración de 8 días completos.

Para que este proceso de actualización non se vexa afectado polo acceso dos usuarios á aula virtual, esta permanecerá fóra de servizo ata a súa finalización. A páxina web e a galería de imaxes permanecerán dispoñibles en todo momento.

Distribuir contido


by Dr. Radut