Skip to Content

AVISO INTERRUPCIÓN AULA VIRTUAL 12 ABRIL

O próximo martes 12 de abril de 2022 ás 8:00 horas comezarase un proceso de actualización do Moodle das aulas virtuais no proxecto Webs Dinámicas á versión 3.9.13. Actualizaranse ademáis algúns dos engadidos instalados.

Estímase que este proceso teña unha duración aproximada de 8 horas.

Para que este proceso de actualización non se vexa afectado polo acceso dos usuarios á aula virtual, esta permanecerá fóra de servizo ata a finalización do mesmo. A páxina web e a galería de imaxes permanecerán dispoñibles en todo momento.

PROCEDEMENTO E PRAZOS PARA A PRESENTACIÓN E A TRAMITACIÓN DAS RECLAMACIÓNS EN CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Conforme o establecido no artigo 13.4.º do Real decreto 732/1995, do 5 de maio, polo que se establecen os dereitos e os deberes do alumnado e as normas de convivencia nos centros, os alumnos e as alumnas, no caso de seren maiores de idade, ou os seus pais e as súas nais, así como os seus titores e as súas titoras legais, no caso de non selo, poderán reclamar ante a dirección do centro as decisións e as cualificacións que se adopten como resultado dos procesos das avaliacións finais.

No caso de ciclos formativos de 2.000 horas de duración, o dereito de reclamación será
extensivo a aquelas avaliacións parciais en que se propoña o acceso á realización do módulo de formación en centros de traballo en período ordinario, logo de finalizada a docencia dos módulos de formación no centro educativo.

As referidas reclamacións deberán basearse nalgún dos seguintes aspectos:

a) A reclamación presentarase por escrito ante a dirección do centro, no prazo máximo
de dous días lectivos contados desde o día seguinte a aquel en se produza a comunicación da cualificación final ou da decisión adoptada.

b) O director ou a directora do centro trasladará a reclamación ao departamento correspondente para que emita o oportuno informe sobre os aspectos sinalados no punto anterior, no cal deberá formularse proposta de ratificación ou rectificación na cualificación outorgada.

Logo de recibido o dito informe, o director ou a directora do centro emitirán resolución
ao respecto. Este proceso estará rematado nun prazo máximo de cinco días naturais, incluída a comunicación ao alumnado, contados a partir do seguinte ao da presentación da reclamación.

c) Contra a resolución do director ou da directora do centro, a persoa solicitante poderá
presentar recurso de alzada perante o xefe ou a xefa territorial no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación; a dita resolución esgotará a vía administrativa. No caso de que o recurso se presente no centro, a dirección deste tramitarao xunto cunha copia da programación do módulo profesional correspondente, dos informes elaborados no centro e dos instrumentos de avaliación que xustifiquen a información recollida durante o proceso de avaliación do alumno ou a alumna e utilizada para obter a cualificación outorgada.

ADXÚNTASE O MODELO DE CENTRO PARA A PRESENTACIÓN DA RECLAMACIÓN

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE EDUCACIÓN E SANIDADE (01/04/22)

As Consellerías de Educación e Sanidade veñen de publicar un comunicado conxunto sobre a nova estratexia e control do SARS - COV 2 na etapa de transición no eido educativo en Galicia.

De acordo coa nova estratexia e control, as recomendacións preventivas para casos sospeitosos, confirmados e contactos poden consultarse aquí.

 

Tal como se recolle nas "Medidas de prevención, higiene y promoción de la salud frente a COVID 19 para centros educativos" nas que participan as CCAA, no referente ás actuacións ante síntomas do alumnado compatible coa COVID-19 ou doutras enfermidades potencialmente transmisibles, estase a redomendar continuar coa medida que estaba en vigor antes da pandemia; é dicir, que o alumnado non acuda ao centro ata que melloren os seus síntomas.

 Pica na imaxe para máis información.

 

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE BOLSAS PARA O ENSINO POSTOBRIGATORIO

 

 

Hoxe abriu o prazo da convocatoria de bolsas de estudos para niveis postobrigatorios (estará aberto ata o 12/05/2022).

É importante que o alumnado interesado solicite a bolsa en prazo, aínda que non coñeza todavía que tipo de ensinanza cursará e onde vai estudar o vindeiro curso.

Podedes consultar toda a información en http://xuventude.xunta.es/

ADMISIÓN 1º DE BACHARELATO: ABERTO PRAZO PRESENTACIÓN CRITERIOS BAREMO

Dado que temos recibido MÁIS SOLICITUDES DE ADMISIÓN QUE PRAZAS OFERTADAS PARA 1º DE BACHARELATO, tanto na modalidade de Ciencias como de Humanidades e Ciencias Sociais, teremos que proceder á baremación das solicitudes. Como esta situación era previsible, coas solicitudes xa se entregou a documentación para este fin. De todos os xeitos, A PARTIR DE MAÑÁ XOVES 24 DE MARZO E ATA O 7 DE ABRIL PODERASE PRESENTAR NOVA DOCUMENTACIÓN PARA O BAREMO. Recordamos que o listado provisional publicarémolo o 25 de abril.

Poden consultar prazos, normativa e máis imformación no cabeceiro desta páxina web que leva por título: PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO NO IES PARA O CURSO 2022/2023

 

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE ESTUDOS PARA O CURSO 2022/23 (ENSINANZAS POSTOBRIGATORIAS)

 

O Ministerio de Educación e Formación Profesional vén de convocar bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022/2023 (publicado no BOE o 12 de marzo): “Extracto de la Resolución de 10 de marzo de 2022, de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se convocan becas de carácter general para el curso académico 2022-2023, para estudiantes que cursen estudios postobligatorios”.

Na referida convocatoria establécese o prazo de solicitude tanto para alumnos que se atopen cursando ensinanzas universitarias como para os que se atopen cursando ensinanzas postobrigatorias e superiores non universitarias.

O prazo de solicitude será do 30 de marzo de 2022 ata o 12 de maio de 2022, ambos inclusive.

Podedes consultar toda a información no arquivo adxunto.

 

 

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE EDUCACIÓN E SANIDADE (18/03/22)

As Consellerías de Educación e Sanidade veñen de publicar un comunicado conxunto sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos.

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola COVID-19 vén de acordar na súa xuntanza do día 17, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros eduacativos da comunidade.

Pica na imaxe para máis información.

 

NOVIDADES AVALIACIÓN, PROMOCIÓN E TITULACIÓN EN ESO E BACHARELATO

Publícase o PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO modificado, atendendo ás modificacións no sistema de avaliación, promoción e titulación na ESO e en Bacharelato recollidas na ORDE do 25 de xaneiro de 2022, coas concrecións necesarias para o noso centro, de aplicación para o presente curso. Incorporamos tamén o texto íntegro da orde para a súa consulta e uns cadros resumos cos aspectos máis relevantes.

Porén, debido á improtancia que teñen os cambios establecidos, aconsellamos a cosulta dos apartados modificados no PEC, concretamente os PUNTOS 8 E 9.

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE EDUCACIÓN E SANIDADE (04/03/22)

As Consellerías de Educación e Sanidade veñen de publicar un comunicado conxunto sobre a xestión do seguemento de contactos estreitos de casos confirmados por COVID.

A partir do 07/03/22 non se identificarán contactos estreitos de casos confirmados no ámbito educativo.

Serán os propios casos os que deben informar aos seus contactos estreitos da diagnose de COVID para que extremen as medidas de precaución.

Pica na imaxe para máis información.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut