Informamos de que están publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas no IES de Vilalonga para o curso 2022-23 e que poden consultarse na aplicación admisionalumnado e no taboleiro do centro.
A Consellería de Sanidade publicou no día de hoxe unha serie de directrices sobre o uso da máscara no ámbito educativo na comunidade autónoma de Galicia.
Podes consultar a información na seguinte ligazón.
Podedes pinchar na seguinte ligazón para obter a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2022, así como as instrucións e asociación de centros e sedes para a realización da proba.
Publicamos as modificacións das programacións de ESO e Bacharelato esixidas pola publicación da ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria,de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.