Iniciar sesión: Acceso

Documentos do centro

NOF-C (Normas de Organización e Funcionamento de Centro)

Publícanse as Normas de Organización e Funcionamento de Centro aprobadas en Consello Escolar o 13 de setembro de 2023

 

CONCRECIÓN CURRICULAR 2023-2024

Concreción Curricular do centro aprobada polo claustro para o curso 2023-2024.

CURRÍCULO INTEGRADO DE LINGUAS

Adxuntamos o Currículo Integrado de Linguas (CIL), documento que forma parte do Proxecto Lingüístico do Centro.

O Currículo Integrado de Linguas (CIL) que se imparte nun centro é un documento común de programación que o equipo docente das áreas lingüísticas elabora, e que serve como folla de ruta do traballo que se vai a desempeñar con respecto ás linguas presentes na actividade docente do centro.

Aprobado polo Consello Escolar o 13 de setembro de 2023.

 

OUTORGAMENTO DE MATRÍCULAS DE HONRA

Adxúntase un documento que recolle información relacionada co outorgamento das matrículas de honra en 4º ESO e 2º Bacharelato. 

Esta información, xunto coa información sobre avaliación, promoción e titulación, tanto na ESO coma no Bacharelato, pode consultarse na Concreción Curricular do centro. 

CONCRECIÓN CURRICULAR 2022-2023

Adxuntamos a concreción curricular para o curso 2022-2023.

Tras a publicación da Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se modifica a Orde do calendario escolar para o curso 2022-23, fíxose unha modificación na concreción curricular, polo que se achega o documento coa modificación.

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL 2022-2023

Adxuntamos a PXA para o curso 2022-2023.

PLAN DIXITAL

O Plan Dixital é un novo documento para os centros educativos de Galicia que pretende impulsar o proceso de dixitalización da educación. Compartimos o documento aprobado para o noso centro

ABSENTISMO ESCOLAR E FALTAS DO ALUMNADO

PROTOCOLO DO CENTRO PARA A PREVENCIÓN E O CONTROL DO ABSENTISMO ESCOLAR, E A XESTIÓN DAS FALTAS DE ASISTENCIA

(PREME NO ADXUNTO)

NOF-C (Normas de Organización e Funcionamento, e para a convivencia)

Consulta (clica 1 Adxunto)

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DOS DEPARTAMENTOS

As programacións didácticas dos departamentos, incluídos os criterios de cualificación, atópanse a disposición da comunidade educativa na Xefatura de Estudos.

Distribuir contido

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG