Iniciar sesión: Acceso

HORARIO DE VERÁN

Os días 25, 26 de xullo e 15 de agosto o centro permanecerá pechado.

 FELIZ VERÁN! 

MATRÍCULA NA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS. PRAZOS

Premer na imaxe para acceder á información.

MATRÍCULA NA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS. PRAZOS

AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO AO ESTUDO PARA O CURSO 2024/2025

Compartimos información relativa á convocatoria de axudas municipais de apoio ao estudo para o curso 2024/2025.

https://portal.ponteareas.gal/documento/concesion-de-axudas-municipais-de-apoio-ao-estudo-para-o-curso-2023-2024/

 

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

  • Listaxe provisional día 12/07/2024.  Lugar de publicación: no taboleiro dentro do centro,  ao lado de conserxería.
  • Listaxe definitivo día 29/07/2024. Lugar de publicación: no taboleiro dentro do centro, ao lado de conserxería.
  • Entrega de vales das axudas de material escolar curso 2024/25, a partir do 30/07/2024.

LISTAXE PROVISIONAL LIBROS DE TEXTO 2024-2025

Publícase no documento adxunto información relativa a listaxe provisional de libros de texto para o curso 2024/2025.

Graduación 4º ESO 2024

Compartimos convosco algunhas imaxes da celebración o pasado venres 21 de xuño do Acto de Graduación de 4º ESO.

Ao remate deste curso, estes rapaces e rapazas iniciarán unha nova etapa, algúns deixarán o noso centro, outros comezarán o Bacharelato,... Sexa cal sexa o destino escollido, desexámosvos o mellor!

Moita sorte a todas e todos!

Álbum: Curso 2023-24 -> Graduación 4º ESO 2024

ADMISIÓN CICLOS

Desde hoxe día 24 de xuño está aberto o prazo de presentación de solicitudes de admisión a ciclos de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será do 24 de xuño ás 09.00 horas ao 4 de xullo ás 13.00 horas.

Podedes atopar máis información e os calendarios correspondentes na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-24-25

O alumando do IES Val do Tea no acto de homenaxe aos Mellores Expedientes de Galicia ABAU 2024

O pasado venres tivo lugar o evento de homenaxe ao estudantado con mellores expedientes Galicia ABAU 2024. Desde o IES Val do Tea queremos felicitar a todo o alumnado que participou neste evento, en especial ao noso alumnado homenaxeado: Lucía, Ariadna, Pablo, María e Adriana.

Parabéns polo voso traballo e moita sorte de agora en diante!! 

Plan proxecta: Quérote+

Ao longo deste curso o noso alumnado de 3º ESO participou no “Plan proxecta: Quérote+”, un proxecto multidisciplinar no que participaron o departamento de Ciencias Naturais, Lingua Castelá e Inglés.

Dito proxecto aborda a educación sexual en sentido amplo de tal xeito que se trataron contidos como a identidade de xénero, amor romántico, orientación sexual, métodos anticonceptivos....

Algunhas das moitas actividades realizadas quedan recollidas neste pequeno vídeo no que se resume o traballo realizado ao longo deste curso nas diferentes materias.

Distribuir contido

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa