Skip to Content

O departamento

O Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares

O Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares (DACE) encárgase de promover, organizar e facilitar este tipo de actividades. Así, teñen carácter de complementarias aquelas actividades didácticas que se realicen co alumnado en horario lectivo e que, formando parte da programación, teñan carácter diferenciado polo momento, espazo ou recursos que utilizan. Teñen carácter extraescolar aquelas, que sendo organizadas polo centro e figurando na programación xeral anual, se realizan fóra do horario lectivo e nas que a participación é voluntaria.

Todos os departamentos didácticos teñen como función, segundo o Regulamento Orgánico de Centros, planificar e organizar actividades complementarias.

O obxectivo xeral das actividades complementarias e extraescolares do noso instituto é colaborar na formación en actitudes e valores de todos os membros da comunidade educativa. Neste senso realizamos actividades e proxectos en concordancia co noso compromiso de traballar por unha educación de calidade, inclusiva, intercultural, respectuosa co medio ambiente e que lles dea resposta aos retos da Axenda 20-30, que afrontan as responsabilidades derivadas dun mundo global e complexo. A nosa longa traxectoria nese sentido, vese reflectida en numerosas e diversas actividades, de carácter interdisciplinario e transversal, cunha metodoloxía participativa e socio-afectiva.

Distribuir contido


by Dr. Radut