RESUME DO PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO CURSO 2016-2017
Este Proxecto, foi asinado pola coordinadora do Equipo de Normalización Lingüística, co visto e prace da directora do centro.
Analiza a realidade concreta do centro IES Sanxillao e, a partir dela, establece os obxectivos e deseña as actividades que permitan modificar a situación de partida.
Desenvolve os seguintes puntos:
a/ Breve estudo sociolingüístico actualizado atendendo a:
- O contorno sociloligüístico do centro.
- Situación do profesorado.
- Situación do alumnado.
- Situación lingüística do centro.
b/ Descrición de obxectivos axeitados a cada un dos catro puntos anteriores.
c/ Descrición detallada das actividades de dinamización lingüística para cada un dos
obxectivos propostos.
Coordinadora: Carmen Abelleira Pereira