Skip to Content

Teatro Ahoramismitos

Hoxe o alumnado de 3º e 4º de ESO de 1º e 2º de Bac asistiron no centro a unha representación teatral do actor monologuista Antonio Blancoda compñía Ahoramismitos. A dirección do instituto, e os departamentos de Lingua Castelá e Latín colaboraron nesta actividade en conmemoración do XXX aniversario do IES Sanxillao.

Álbum: Centro -> Teatro, 30 aniversario

FITUR 2023

Visita a FITUR do ciclo de Guía, información e asistencia turísticas.A nosa primeira promoción de estudiantes acudiu ó stand de Galicia na feira, onde encontramos á alcaldesa de Lugo, que nos atendeu moi amablemente. Os alumnos tamén poideron coñecer a historia da cidade de Madrid a través de varias vistas guiadas.

Álbum: Ciclo de Guía, información e asistencia turísticas. -> FITUR 2023

30 Aniversario

Vimos de celebrar o 30 Aniversario da nosa creación, acto no que o alumnado de hostalería agasallounos coas súas moi especiais elaboracións. Grazas, seguiremos cumprindo anos.

Álbum: Centro -> 30 Aniversario

Sotavento 2022

O alumnado de tecnoloxía de 4º da ESO visitaron o parque experimental de Sotavento, en Xermade. 
Na visita reflexionaron sobre o consumo actual das enerxías renovables e non renovables, como é unha vivenda bioclimática, visitaron un aeroxerador e coñeceron un pouco da historia da evolución dos aeroxeradores.

Álbum: Tecnoloxía -> Sotavento 2022

Días non lectivos. 2022/23

Aviso: días non lectivos. Curso 2022/23

  • Día do Ensino  31 de outubro de 2022.
  • Día elixido polo centro  2 de maio de 2023.
  • Nadal: desde o día 23 de decembro de 2022 ata o día 6 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.
  • Entroido: os días 20, 21 e 22 de febreiro de 2023.
  • Semana Santa: desde o día 3 ata o día 10 de abril de 2023, ambos inclusive.

Video presentación. FP IES Sanxillao

Click na imaxe

Uniformidade e material para o alumnado de 1º de Dirección de Cociña"

Click na imaxe para ampliar

Distribuir contido


by Dr. Radut