Orientación

Departamento de Orientación: curso 2020-21

Técnicas de Estudo


As modalidades de atención ás familias son as recollidas na concreción do Protocolo de Adaptación ao Contexto da Covid no que se establece que nas reunións e nas distintas comunicacións coas familias priorizarase a comunicación telefónica e o correo electrónico.

Porén cando a xuízo da orientadora e da dirección do centro se considere necesario que a entrevista teña lugar de xeito presencial realizarase esta coas debidas medidas de protección para respectar as medidas de aforo máximo permitido.

Horario de atención ás familias: con cita previa os mércores de 10:25 a 11:15

Teléfono para pedir cita: 982.82.80.88 

 

Resumen do procedemento de preinscripción e matrícula na universidade en Galicia para o curso 2021-2022.

Achegamos toda a información relativa á procedemento de preinscrición e matrícula nas universidades galegas para o curso 2021/22 nun arquivo axunto onde atoparedes resumido todo o proceso.

Tamén podedes consultar a información oficial neste enlace da CIUG e todas as dúbidas máis habituais aquí

-Ver neste enlace o calendario

-Ver a oferta de prazas.

 

VALIDACIÓNS DAS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE MÚSICA E DANZA

Validacións para o alumnado que cursa Ensinanzas Profesionais de Música e Danza

Puede ser una imagen de 2 personas



O alumnado que cursa Ensinanzas Profesionais de Música ou Danza pode validar materias nas ensinanzas de réxime xeral de ESO e Bacharelato, cumprindo determinadas condicións.



Tamén será posible validar materias das Ensinanzas Profesionais de Música ou Danza tras superar determinadas materias de Bacharelato. 

LEXISLACIÓN:



A lexislación vixente na que se recollen as condicións para estas validacións é a seguinte:

VALIDACIÓNS EN ESO:


VALIDACIÓNS EN BACHARELATO:

ALUMNADO DE DANZA:




 ALUMNADO DE MÚSICA:




 VALIDACIÓNS NAS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE MÚSICA OU DANZA:
 
Validacións nas ensinanzas de Danza:



 Validacións nas ensinanzas de Música: 
 
 PROCECEMENTO PARA AS VALIDACIÓNS:
  • O interesado en solicitar a validación dunha materia de ESO ou de bacharelato ou, no caso de menores de idade, os seus pais ou titores legais presentarán durante o mes de setembro a solicitude de validación. 
  • Coa dita solicitude achegarase a documentación que acredite que o alumno/a está a cursar ou xa cursou e superou os estudos utilizados para a validación.
 *FAI CLICK AQUÍ PARA ACCEDER AO DOCUMENTO COAS PREGUNTAS FRECUENTES SOBRE AS VALIDACIÓNS

QUÉ TÍTULOS SON EQUIVALENTES Á ESO E AO BACH PARA PRESENTARTE A UNHAS OPOSICIÓNS

Equivalencias do título da ESO e do BACH para acceder a oposicións

Algunhas oposicións para o acceso ao emprego público establecen entre os seus requisitos académicos para poder presentarse, estar en posesión do título da ESO ou equivalente, ou  estar en posesión do título de Bacharelato ou equivalente. 

Nestes dous vídeos do Blogue MasterD, podes ver qué significa "Equivalente", é dicir, cáles son os estudos equivalentes á ESO e o BACH, de cara a presentarte a unhas oposicións.

EQUIVALENCIAS DO TÍTULO DA ESO

EQUIVALENCIAS DO TÍTULO DE BACH

PUBICACIÓN DO LUGAR E HORARIO DE CELEBRACIÓN DA ABAU

PUBLICOUSE POLA CIUG O LUGAR E HORARIO DE CELEBRACIÓN DA ABAU

O ALUMANDO DO SANXILLAO ACUDIRÁ Á:

 

Facultade de Administración e Dirección de Empresas. Avenida Alfonso X El Sabio. Lugo

HORARIO DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS:

 

Enlace para imprimir e descargar o horario

(IES SANXILLAO: COMISIÓN DELEGADA 20-CÓDIGO SASUG 223)

Doble grao internacional de ADE+BBA

Ana Conde cóntanos as principais diferencias do Doble Grado Internacional en ADE-BBA de IESIDE (Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa) adscrito a Universidade de Vigo.

Fai click aquí, neste enlace poderás acceder a un percorrido virtual por IESIDE e desde aquí poderás entrar á súa páxina web e acceder ao seu campus virtual.

 

PLATAFORMA DIXITAL DE ORIENTACIÓN E GUÍA AO ESTUDANTE NO ACCESO Á UNIVERSIDADE

UNISCOPIO

UNISCOPIO é unha plataforma online e interactiva de orientación ao estudante. O seu acceso é gratuito e contén a información referida a toda España, organizada nos seguintes temas:

  • MAPA DE UNIVERSIDADES
  • BECAS E AXUDAS ECONÓMICAS
  • ACCESO E ADMISIÓN Á UNIVERSIDADE
  • BUSCADOR DE ESTUDOS DE GRAO E DE POSTGRAO
  • PROFESIÓNS
  • CHAT PARA PLANTEXAR DUDAS 

 

Accede na imaxe á guía de acceso en pdf

DATAS DOS ENCONTROS VIRTUAIS NA USC: DO 23 AO 25 DE MARZO

SCQ 2015 FINALcon logos2

Os encontros levarán a cabo durante tres días, os días 23, 24 e 25 de marzo de 2021 (martes,  mércores e xoves, xusto antes de vacacións de Semana Santa).

A través dos encontros o alumnado poderá visitar virtualmente os campus de Lugo e Santiago, interactuar por videoconferencia cos responsables da titulación e aclarar as súas dúbidas. 

Os horarios son moi variados, así que podes elixir as videoconferencias nas que desexes participar e elixir o horario que máis vos conveña. Os encontros non requiren inscrición previa, só hai que conectarse á hora elixida e participar. 

A páxina web para os encontros xa está dispoñible no seguinte enlace:

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais/horarios

A través da páxina web o alumnado que se conecte atopará a seguinte información:

  • ·                    Presentación das titulacións.
  • ·                    Opinión dos alumnos sobre a titulación.
  • ·                    Pílulas relacionadas coa titulación.
  • ·                    Unha vídeoconferencia para cada titulación.
  • ·                    Unha vídeoconferencia coa oficina de información.
  • ·                    Unha vídeoconferencia sobre a preinscrición e matrícula 
  • ·                    Conferencias de inauguración e clausura. 

 

Para unirse aos encontros simplemente haberá que elixir a videoconferencia, consultar e decidir o horario que interese e conectarse a través da web ou mediante a aplicación TEAMS. Non se require descarga nin instalación da aplicación pois podes conectarche directamente a través do explorador.

En cada unha das videoconferencias atoparás o enlace que che levará a conectarche. Só tes que seguir as instrucións. 

É unha oportunidade única para obter información directamente da universidade e coñecer a fondo as titulacións que ofrece. 

 

COÑECE O GRAO EN RELACIÓNS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS

Encontros virtuais: Escola Universitaria de Relacións Laborais

 

Enlace á súa páxina web, aquí

ENTRA AO PROGRAMA ORIENTA-LINE

Xa está disponible neste apartado de Orientación como na sección "Orientación BACH" o Programa "ElOrientaLine".

Aquí atoparás toda a información necesaria para proseguir estudos ben sexa en ciclos formativos de FP ou en graos universitarios. Ademáis poderás realizar todos os cuestionarios que necesites para autoorientarte se non tiveras as ideas moi claras sobre qué estudos realizar. 

Entra ao programa e comeza a navegar por él ...

Mi titulo de la imagen

ENCONTROS VIRTUAIS NA USC: PROGRAMA A PONTE

Encontros virtuais: Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC 

(¡PROXIMAMENTE A PARTIRES DA SEMANA SANTA!!)

ENLACE PARA ACCEDER AQUÍ

"Que non poidas visitarnos en persoa, non significa que non poidas coñecer o que a USC ten para ti: graos, laboratorios punteiros, instalacións deportivas, residencias e colexios maiores, cafeterías e comedores, unha ampla programación cultural, programas de voluntariado...

Pero para que poidas mergullarte neste pequeno cosmos universitario, nestas Xornadas poderás preguntar directamente todo o que precises sobre a vida na nosa universidade. 

Esperamos que este sexa o primeiro paso dunha nova experiencia vital. Adiante, asómate, pasa, investiga, toca, experimenta, pregunta… somos Zona USC".

Resultado de imagen de ENCONTROS VIRTUAIS programa a ponte

 

*Data das sesións de videoconferencias: todavía por determinar se antes ou despois de Semana Santa.

 

IMPLANTACIÓN DA LOMLOE

IMPLANTACIÓN DA LOMLOE

 

Ver aquí un vídeo de presentación da nova Lei cos cambios principais

 

A LOMLOE modifica a LOE de 2006 e deroga a LOMCE. 

*Podes descargar a Lei neste enlace

*Consulta aquí o calendario de implantación

PROGRAMA ARCO

 NOVAS

O IES SANXILLAO FORMARÁ PARTE POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO DO PROGRAMA ARCO

Resolución de 30 de julio de 2020 para la puesta en marcha de acciones de Apoyo, Refuerzo de Competencias y Orientación (ARCO) dirigidas a centros públicos de educación primaria y secundaria, durante

Co fin de seguir avanzando cara a consecución do éxito académico e a prevención do abandono escolar, a Consellería de Educación promove, por segundo ano consecutivo esta iniciativa de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación (ARCO) cofinanciada polo Fondo Social Europeo en réximen de concurrencia competitiva, co obxecto de favorecer a consecución do seu máximo desenvolvemento emocional, intelectual, social e profesional a través das seguintes líñas de actuación:

  • LÍNEA 2, dirixida a alumnado de 1º ESO.

  • LÍNEA 3, dirixida a alumnado de 4º ESO.
     

A liña 2 para 1º de ESO ten como obxectivo:
 
I.Apoiar e reforzar o alumnado de 1º ESO para o desenvolvemento das competencias clave e mellora dos resultados académicos.
 
II.Reforzar o alumnado con perfil absentista que permanece un ano máis en 1º ESO, ou que presente especial dificultade nas competencias en comunicacióón lingüüíística, competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, competencia aprender a aprender e a competencias sociais e cíívicas, ou presente áreas non superadas da educacióón primaria, prioritariamente, as de Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura e Matemáticas, mediante apoios, o uso de metodoloxías activas e participativas, así como a aplicacióón doutras medidas organizativas na aula.

 
Liña 3 para 4º ESO ten como obxectivo:
 
I.Apoiar e reforzar ao alumnado de 4º ESO e especialmente o alumnado procedente de PMAR para o desenvolvemento das competencias clave e favorecer a consecución dos obxectivos da etapa.
 
II.Reforzar o desenvolvemento das competencias clave e a mellora dos resultados académicos, mediante apoios e o uso de metodoloxías activas e participativas, así como medidas organizativas destinadas ao alumnado con perfil absentista de 4º ESO, alumnado que provén de grupos de 2º de PMAR, alumnado repetidor, alumnado que promociona por imperativo legal, alumnado matriculado en 4º ESO sen superar materias de niveis anteriores e/ou que presenta especial dificultade nas competencias en comunicación lingüística, matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, aprender a aprender e sociais e cívicas.

*Todas as liñas desenvolveranse en horario lectivo na aula ordinaria.

Máis información, aquí:

https://www.edu.xunta.gal/portal/es/arco

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer