Iniciar sesión: Acceso

O triángulo de Sierpinski: construción dun fractal matemático usando latas recicladas

Unha das actividades maís entretidas no noso club de Ciencias foi a construción do triángulo de Sierpinski, unha estructura fractal.

E vos preguntaredes: que é un fractal? e en que consiste ese triángulo. Pois así mesmo, foi coma empezou o noso proxecto.

Un fractal é unha estrutura autosemellante é dicir, que se a ves na súa totalidade, ou ben unha parte dela, a estrutura é semellante.

Aprendimos o concepto de fractal e averiguamos que na natureza, as estruturas fractais están moi presentes: as nubes, os pulmóns, algún tipo de coles como  o romanescu....e tamén, a XEOMETRÍA FRACTAL  forma parte da tecnoloxía de hoxe en día: as nosas antenas dos móbiles están feita con xeometria fractal! TODO UN DESCUBRIMENTO!

Na preparación da construción do noso triángulo, aprendimos e puxemos en práctica moitos conceptos matemáticos: potencias, semellanzas e progresións xeométricas.

E por último, estivemos pensando que materiais precisábamos para a súa construción- e decidimos que un xeito de facelo de xeito respetuoso con medio ambiente sería usando materiais reciclados.Así que fixemos acopio de latas de refrescos.En 2 semanas tiñamos as latas necesarias para construir 3 triángulos: un de 243, outro de 81 e outro de 27 latas.

Aquí tedes o resultado!