Iniciar sesión: Acceso

A ANPA convoca unha reunión o vindeiro venres 23 de Outubro a 20:00 no Illa de San Simón.

Estimadas familias do I.E.S. ILLA SAN SIMÓN: A Asociación de nais e pais de alumnos Paulina Sánchez Otero convoca unha reunión o vindeiro venres 23 de Outubro a 20:00 no Illa de San Simón. Debido o momento actual precisamos que confirmen asistencia para poder garantir as medidas de seguridade oportunas, por favor, confirmar asistencia no teléfono ou WhatsApp 615669560, as persoas que non confirmen asistencia poderán entrar ata completar aforo. Temos cousas que contarvos: • Presentarnos e resumir o noso traballo e colaboración no curso 2019/20 • Convocar unha nova directiva da ANPA (precisamos da vosa axuda e colaboración) • Falar das actividades de este novo curso 2020/21 • Valorar a posibilidade da excursión dos alumnos de 4º da ESO • Promoción dunha federación de ANPAS de Redondela e posibilidade de federación • Dubidas e propostas das familias Ábrese o prazo para o pago da cuota do ANPA PAULINA SANCHEZ OTERO. A cuota é de 12 euros por familia e ingresarase no número de conta de ABANCA: IBAN ES74 2080 3568 0730 0001 6901 No papel do ingreso ten que aparecer como CONCEPTO: o nome d@ nen@ e o curso actual (se ten irmáns no centro deben aparecer os nomes dos irmáns e o curso correspondente). Como este ano non se pode usar o buzón do centro, o papel de ingreso se enviara vía e-mail o correo da ANPA: anpapaulinasanchez@gmail.com ou vía WhatsApp o número 625543644. O prazo para pagar o ANPA finaliza o 30 de Novembro. Calquera dubida, suxerencia ou problema, estamos a vosa disposición para apoiarvos, podedes chamar o telefono ou escribirnos o correo da ANPA. Redondela, Outubro 2020 ANPA PAULINA SÁNCHEZ OTERO do IES ILLA SAN SIMÓN

 

 

AdxuntoTamaño
Estimadas familias outubro 2020.pdf111.76 KB