Iniciar sesión: Acceso

NAVEGA N@ ILLA DE SAN SIMÓN

          
                                        

Xa é unha realidade...dende a pasada semana está en marcha a actividade de vela no Illa de San Simón. Integrada na programación da asignatura de Educación Física e coa colaboración do Club Náutico Illa de San Simón queremos acercar o mundo da vela aos nosos alumnos.

O pasado venres, clase teórica para tod@s @s alumn@s de 3º. Aprendimos as diferentes partes da embarcación e os diferentes rumbos de navegación. Durante esta semana e se o tempo o permite, tod@s preparados para realizar as primeiras horas de navegacíon na enseada da Illa de San Simón.