Xeografía e Historia

Excursión a Ferrol e ás Fragas do Eume co Proxecto Terra en 4º da ESO

Os días 21 e 22 de abril os alumnos de 4º da ESO coñeceron Ferrol e ás Fragas do Eume dentro das actividades organizadas polo Proxecto Terra.

 

Os alumnos de Bacharelato visitaron Celanova, Bande e Ourense.

O pasado día 26 de xaneiro os alumnos de 2º de Bacharelato fixeron unha visita ao mosteiro de San Salvador de Celanova, deténdose especialmente na capela mozárabe de San Miguel. Posteriormente achegáronse á igrexa visigótica de Santa Comba de Bande e ao campamento romano de Aquis Querquennis. Pola tarde fixeron un pequeno recorrido pola cidade de Ourense, cunha parada nas súas famosas Burgas.

Durante a visita ao mosteiro de San Salvador, alumnos e profesores foron recibidos moi cortesmente por D. José Luis Ferro, alcalde de Celanova, en atención á vinculación con S. Rosendo que une a Mondoñedo e Celanova.

 

Viaxe a Porto co Proxecto Terra dos alumnos de 4º da ESO

Os días 3 e 4 de maio os alumnos de 4º da ESO participaron nun intercambio territorial con Porto dentro do marco do Proxecto Terra.

 

Viaxe a Asturias dos alumnos de BAC

O pasado martes 26 de xaneiro os alumnos de 1º e 2º de BAC fixeron unha viaxe a Asturias donde visitaron o Museo da Minería de El Entrego, Oviedo e as igrexas do prerrománico asturiano.

A crise de Siria explicada en 10 minutos e 15 mapas

Este video pertence a #Whaymaps, visiten a súa páxina web http://whymaps.tumblr.com/ para obter máis información do seu proxecto 

Os alumnos de 4º da ESO visitaron Guimaraes no marco do Proxecto Terra

Alumnos de 4º da ESO de visita en Guimaraes

PROXECTOTERRA: INTERCAMBIO TERRITORIAL CON GUIMARAES

Mapas de Galicia

Un interesante servidor de mapas de Galicia pódese atopar no seguinte enlace:

http://servergis.cesga.es/website/terragis/mundo.html

Distribuir contido