Taboleiro

!!!Patricia Martínez Paz, a mellor da selectividade do 2014¡¡¡

Patricia Martínez. Foto Xoan Álvarez para o Faro de Vigo

A cualificación más elevada do proceso da selectividade do 2014, un 9,96, foi logada por Patricia Martínez Paz, alumna do IES San Rosendo de Mondoñedo.

A USC homenaxeou, o  día 1 de xuño, aos 434 estudantes de ensino medio que obtuvieron unha puntuación definitiva de 9 ou superior nas probas de acceso á universidade.

Nesta ceremonia, Patricia Martínez pronunciou unhas palabras nas que mostrou o seu agradecemento ó ensino público, no que ela se formou: «A educación pública debe estar en mans de todos e ninguén debe ser privado dela», afirmou no acto, celebrado no Auditorio de Galicia. Asistieron o rector, Juan Viaño; varios vicerrectores e outros representantes académicos da institución compostelana.

La joven con la nota más alta, Patricia Martínez, durante su discurso.

 

Patricia Martínez destacou na súa intervención que a escola pública «loita cada día contra a precariedade».

Manifestouse a favor dunha sociedade mellor e máis igualitaria, para loitar contra as inxustizas e buscar o progreso.

 

A alumna con mellor nota na Selectividade, Patricia Martínez, do IES San Rosendo de Mondoñedo, interviu en nome dos estudantes - FOTO: Ramón Escuredo

 

 

 

 

As alumnas de 4º da ESO becadas para estudar nos EEUU recibiron as súas credenciais

  Minerva Rivas, Gema González-Redondo e Ana Losada, estudantes do IES San Rosendo de Mondoñedo, recibiron as credenciais da Fundación Amancio Ortega e a Fundación Barrié para cursar o primeiro curso de Bacharelato en institutos de Estados Unidos.

 Ambas fundacións lideran conxuntamente o Programa «Becas High School» desde o ano 2010, dirixido a alumnos de 4º curso de ESO de centros educativos de Galicia. A misión deste proxecto educativo, que celebra neste ano a súa quinta edición é potenciar as capacidades académicas e sociais dos 75 estudantes seleccionados en cada promoción.

 As alumnas foron seleccionados a través dunha convocatoria aberta para estudantes de cuarto da ESO de cualquera centro educativo da comunidade cunha nota media que tiña que ser superior a 7,5 y unha mínima de inglés de 7. 

 O aloxamiento das estudantes en Estados Unidos realizarase en familias americanas de acollida co obxecto de que o proceso de integración e aprendizaxe da lingua inglesa sexa o máis completo posible.

 A dotación de cada beca supón o 100 % do curso académico, así como o apoio continuado durante a estancia, a organización das viaxes, aloxamento e manutención durante o curso, así como o correspondiente seguro médico e de accidente.  

Los 75 alumnos seleccionados recibieron ayer las credenciales en la sede de la Fundación Amancio Ortega

 A nova en La Voz de Galicia 

O IES San Rosendo na prensa

 

II Campus de emprendemento sostible - Deputación de Lugo


    A Deputación de Lugo, e en concreto a área de Medioambiente e economías sostibles, está interesada en crear riqueza nas contornas das dúas Reservas da Biosfera que xestiona directamente: Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá. Nun contexto de crise coma o actual, onde a inserción laboral está a ser un grave problema, e tendo en conta que a creación de riqueza nun territorio pasa pola creación de empresas capaces de xerar á súa vez postos de traballo, require dunha labor de dinamización e sensibilización do espírito emprendedor, de maneira que o público obxectivo participante nesta acción formativa, contemple o autoemprego coma unha alternativa válida para a creación de postos de traballo, empezando polo propio.


 Así, dende a Deputación de Lugo estamos a levar a cabo a  “II Edición do Campus Emprendemento Sostible”, que nace para estimular o espírito empresarial, combinando sesións teóricas con visitas a empresas competitivas e sostibles, implantadas en contornas rurais da provincia de Lugo, que poden servir como referencia para os emprendedores das Reservas da Biosfera de Terras do miño e Ancares Lucenses.

Campus de Verán Científico-Técnico para alumnos de cursos altos da ESO e Bacharelato

II Campus de Verán Científico Técnico en Lugo

 
 
   Campus de Verán Científico Técnico en LUGO
 
  Lembrámos que o prazo de preinscrición remata o día 11 de maio!
 
   INFORMACIÓN:
 
 
  
Distribuir contido