Taboleiro

PRIMEIRA AVALIACIÓN

 

 Martes 16 de decembro

 

CURSO

HORA

LUGAR

3ºESO A

16:00

Biblioteca

3ºESO PDC

16:30

Biblioteca

3ºESO B

16:45

Biblioteca

4ºESO A

17:15

Biblioteca

4ºESO PDC

17:45

Biblioteca

4ºESO B

18:00

Biblioteca

1ºBAC

18:30

Biblioteca

 

Mércores 17 de decembro

 

CURSO

HORA

LUGAR

2º BAC

16:00

Biblioteca

2ºESO A

16:40

Biblioteca

2ºESO B

17:20

Biblioteca

1ºESO B

18:00

Biblioteca

1ºESO A

18:40

Biblioteca

                                               

 

CURSO

HORA

LUGAR

2º Ciclo Superior

16:00

Antiga biblioteca

1º Ciclo Superior

16:20

Antiga biblioteca

Ciclo Medio

16:40

Antiga biblioteca

 

 A entrega de notas será o venres 19 de decembro a última hora

3º Premio Programa de Sustentabilidade e Paisaxe 2013/14

   A comunidade educativa do IES San Rosendo de Mondoñedo foi galardonada polo proxecto A paisaxe. Conversas coa natureza co 3º premio de Sustentabilidade e Paisaxe convocado polo IET (Instituto de Estudos do Territorio) conxuntamente coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na modalidade de Paisaxe.

Os nosos parabéns a todos os alumnos e profesores participantes!

Si queres ver algunhas das actividades realizadas visita as:

Conversas coa natureza no Blogue da Biblioteca do IES "Bibliomerlín"

 

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2014

   Corresponde ao actual curso escolar a renovación parcial dos membros do Consello Escolar do centro. Nesta páxina web irase publicando toda a información relativa ao proceso electoral.

  • Proclamación dos candidatos electos:
    • Sector alumnado:
      • D. Enrique Montero Costeira
      • D. José Miguel Seijo Vijande
    • Sector profesorado:
      • Dª Amparo Bermúdez González
      • D. Pedro Luis Gasalla Regueiro

O IES San Rosendo foi galardonado co Selo de Calidade Europeo de eTwinning

   

   O IES San Rosendo foi galardonado co Selo de Calidade Europeo polo traballo realizado no proxecto "My Landscape, My Literature, My Say" de eTwinning coordinado pola profesora Dª Ana Belén López Pérez. Esto significa que o traballo da profesora, o traballo dos seus estudantes e o do centro foi recoñecido ao máis alto nivel europeo.

   Por ese motivo, recibirase un certificado que se pode colgar na páxina web e expoñelo nun  lugar destacado do centro escolar. Asimesmo, o proxecto aparecerá nun sitio especial do Portal europeo en www.etwinning.net.

Inmersión lingüística en Inglés de alumnos de 2º da ESO

   Un grupo de alumnos de 2º de ESO do IES San Rosendo participaron, xunto con alumnos catalanes, nun programa de inmersión en lingua inglesa durante a semana do 19 ó 25 de outubro no albergue de Lekaroz (Navarra).

 

Alumnos no programa de inmersión ling¨´istica

 

Actividades e imaxes: 

Patricia Martínez, do IES San Rosendo de Mondoñedo, galardonada co premio extraordinario de Bacharelato.

 

Patricia Martínez, do IES de Mondoñedo,

P. Martínez.

galardonada polo seu expediente

A nova en LA VOZ DE GALICIA (A MARIÑA)

 

    A Consellería de Educación acaba de conceder os Premios Extraordinarios de Bacharelato, que recoñecen aos mellores expedientes. Entre os vinte mellores alumnos galegos atopase Patricia Martínez Paz, que foi alumna do IES San Rosendo de Mondoñedo. Non solo eso, acadou a mellor nota de Galicia na a proba de acceso á Universidade. Ademáis dos mil euros do premio, está exenta de pagar tasas no primeiro curso da súa carreira universitaria durante o curso 2014-2015, na que segue estudos de Medicina na Universidade de Santiago.

 

 

Convocadas as becas High School 2014-2015

     As Fundacións Barrié e Amancio Ortega convocan a 6ª edición do programa internacional de Becas para pasar un ano académico nos Estados Unidos aprendendo inglés.
 
    Os requisitos son:

 

- Cumplir os 15 anos antes do 1 de agosto de 2015.

 

- Ser alumno/a de 4º da ESO nun centro de ensino de Galicia.

 

- Ter unha media en 3º da ESO de a lo menos 7´5.

 

- Ter unha nota mínima en Inglés de 3º da ESO de 7.

 

Prazo de inscrición: Do  3 de outubro ao 17 de novembro do 2014.


Accede á información

 

Distribuir contido