Esquema de temas
Tema 1
Imaxina ...
Ponte na situación de que alguén, querido por ti, morre.
Imaxina que sentirías e descríbeo.
Que che gustaría que fixera o teu mellor amigo ou amiga. Cóntao polo miúdo.
Pensa que comportamento che desagradaría que tiveran as persoas contigo neses primeiros momentos, e nas seguintes semanas e meses.
Comparte os teus pensamentos no FORO IMAXINA
Tema 2
Crea ...
Escribe 5 palabras que asocies á morte das persoas que máis che importan.
Escribe 4 palabras que asocies á túa morte.
Escribe 3 palabras que reflictan os teus sentimentos de seres inmortal.
Escribe 2 palabras que expresen o positivo da morte.
Escribe 1 palabra que identifiques coa morte.
Busca na rede imaxes procedentes das artes plásticas, pintura, escultura, fotografía, así coma sons, cancións ... que encaixen coa túa selección de palabras. Cantas? As que te apetezan.
Pon en común as túas palabras e achegas no F0RO CREA CHAT
Usando a WIKI reunide todas as palabras achegadas polo grupo, eliminando as repetidas e traducíndoas ao galego se fose necesario.
Tamén na WIKI, construíde unha composición literaria con todas esas palabras, por suposto engadindo outras que sexan necesarias.
Alguén deberá comezar cun primeiro intento e cada quen pode, copiando a que desexe, modificala para deixala ao seu gusto ou crear outra diferente.
Trátase de que finalmente cheguedes a un certo consenso sobre unha, ou en todo caso elixir un par delas.
Escollede de entre as imaxes e os sons que seleccionásedes os que mellor se axusten ao resultado final.
Traspasade o traballo á WEB para maquetalo, facer as ligazóns oportunas desde as palabras que consideredes clave ás imaxes e sons correspondentes e por último valorade a posibilidade de engadirlle un fondo musical.