GLOSARIO XERAL SOBRE A MORTE


Para ir definindo e precisando

Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

Páxina:  1  2  3  (Seguinte)
  TODAS

A

Apoptose

 Morte celular programada.U.S. National Library of Medicine

Hai varios tipos de morte celular, a apoptose é unha morte "limpa" xa que non se produce inflamación, os restos da célula que se suicida son aproveitados por outras e os elementos tóxicos da mesma son "empaquetados".

É un proceso moi útil para evitar que a célula siga dividindose cando o seu ADN está danado e deste modo non se pasa o problema á proxenie.

O cancro é o resultado de células que non son quen de suicidarse pondo en perigo a todo o organismo.


B

Bioética

"Las decisiones médicas guiadas en el principio bioético central de la beneficencia deben respetar también otros valores junto con el de la vida. La vida y la libertad, la identidad la integridad, la salud y el bienestar  constituyen valores que apareados constituyen la fundamentación de una bioética apoyada en los derechos humanos. La obligatoriedad ética de no dañar es anterior y más importante que la exigencia de promover el bien (“primun non nocere”) y ha sido reconocido como principio bioético (no maleficencia).Cuando la técnica actualmente disponible y aplicada a la medicina, y en este caso el soporte vital, sustituye como medio a los fines se produce una inversión de las metas de la medicina. Esta medicina de hoy, donde la soberanía de los medios se justificarían a sí mismos nos lleva no sólo a que el fin justificaría  los medios, sino que puede hasta consentir que la aplicación indiscriminada de algún medio justificara cualquier fin. La traducción de este imperativo tecnológico a la medicina (“porque se puede se debe”), es el sustrato de  formas indignas de muerte con sufrimiento, aislamiento y desfiguración ." Dr. Carlos R. Gherardi.

máis información


C

Cacotanasia

Morte moi penosa a causa dunha prolongación da agonía por medio de técnicas médicas. Recibe tamén o nome de distanasia.

Pode ser usado como sinónimo de mala morte.

Unha testemuña sobre a cacotanasia


Célula eucariota

x

Célula HeLa

Henrietta LacksA diferenza doutras células de humanos que envellecen e morren logo dunhas 50 divisións, as chamadas células HeLa non se morren, nin sequera envellecen cando se lles prové das condicións necesarias para vivir, ata fóra dun corpo humano, válelles un tubo de ensaio. Son potencialmente inmortais.
Como as descubrimos e o seu nome merecen seguir lendo:
A muller da fotografía, Henrietta Lacks, morreu en 1951 dun cancro de útero. O normal é que en poucas horas todas as súas células fosen morrendo, pero unha mostra das súas células tumorales tomada para análise perpetúanse nos laboratorios de todo o mundo e son de especial utilidade para o estudo e curación de moitas enfermidades como a pliomielite.

Parece ser que hai hoxe máis células de Henrietta que as que na súa vida formaban o seu corpo. 

Ler máis sobre a circunstancias de Henrietta e esta investigación


Célula procariota

x

Claudicación familiar

http://www.esmas.com/salud/home/noticiashoy/670033.html"Es la incapacidad de los miembros de la familia para ofrecer una respuesta adecuada a las múltiples demandas y necesidades del paciente.  No todos los miembros claudican a la vez, sino que los tiempos son distintos para las distintas familias, y para los distintos miembros dentro de una familia"

máis información


Coidadores / coidadoras

A miúdo ante unha enfermidade grave ou prolongada aparece a figura do coidador/a principal, é dicir, a persoa que máis tempo pasa co enfermo e que xeralmente ten a resposabilidade de tomar certas decisións á requerimento do equipo médico ou do resto da familia.

As persoas que actúan como coidadoras principais teñen que soportar unha enorme sobrecarga tanto psíquica como física polo que cómpre contemplar apoio psicosocial para elas.

Nalgunhas Unidades de Paliativos están a darse conta, se ben queda camiño por percorrer,  de que a atención médica non pode reducirse ao paciente, senón a unidade familiar que vive o proceso, xa que ademais o estado do/a paciente é inseparable do dos seus seres queridos.

Cada familiar necesita ser escoitado en relación a situación que está vivindo e as emocións emparelladas con ela, isto aliviará as tensións familiares asociadas a estas circunstancias.

Segundo estudos realizados en 2008 polo Equipo de Soporte de la Unidad de Cuidados Paliativos de Badajoz o 90% dos coidadores principais son mulleres, xeralmente esposas ou fillas.


D

Distanasia

Véxase cacotanasia.

Duelo

"O duelo non é un estado, senón o proceso de experimentar reaccións psicolóxicas, sociais e físicas ante a percepción dunha perda" Esta é a concepción dinámica que recolle C. Poch: La muerte y el duelo en el contexto educativo.

PSIQUIATR. Pódese recoñecer, con D. Lagache e M. Hanus, un duelo normal, un duelo complicado e un duelo patolóxico.

Se o primeiro resólvese bastante rapidamente, pasando sucesivamente polas fases de angustia, de depresión e de adaptación, grazas aos procesos de desinvestidura, de interiorización e de identificación co obxecto desaparecido, de culpabilidade e logo, de separación final, non sucede o mesmo nos outros dous, que pertencen ao cadro da patoloxía psíquica.


EI duelo complicado caracterízase por un bloqueo do traballo [ver traballo de duelo] que prolonga da fase depresiva, reaccións de tensións (con posibilidade de manifestacións psicosomáticas graves) e pasaxes ao acto suicida particularmente frecuentes.


O duelo patolóxico desemboca na enfermidade mental. Os seus síntomas característicos son un atraso na aparición da aflición e logo unha prolongación da súa evolución mais alá dos dous anos e unha ameaza real sobre a saúde psíquica. Pode tratarse dunha verdadeira psicose melancólica ou maniaca (teima de duelo con negación da perdida) ou dun duelo obsesivo, ou ata dunha histeria de duelo. Nesta ultima forma, bastante frecuente, a persoa en duelo compórtase coma se o defunto seguise estando vivo. Fálalle, garda o seu sitio na mesa, a súa cama e a súa habitación con todos os seus aveños persoais, nun marco imaxinario de case-realidade, verdadeiro lugar de supervivencia. A identificación co desaparecido tradúcese na reprodución máis ou menos inconsciente dos seus síntomas, con risco de chegar a perturbacións somáticas de conversión ás veces moi graves. A identificación fixouse e fai necesario que o paciente inicie unha psicoterapia para que o seu duelo poida ser mobilizado e para que sexa elaborado ata a súa evolución final.
En efecto, as formas complicadas e patolóxicas do duelo deben tratarse o mais precozmente posible, primeiro mediante tratamentos específicos para os estados depresivos ou maniacos, logo mediante terapias de inspiración psicoanalítica, que normalmente deben acompañarse de medidas de readaptación social e afectiva. J.P.


Diccionario de Psicoloxía. Ediciones del Prado

Saber máis



Páxina:  1  2  3  (Seguinte)
  TODAS