bibliografía

Para comprender mellor

Narracións para cativ@s, adolescentes e adultos sen idade

xuntanza de plabras

 Ramón BayesPsicología del sufrimiento y la muerte
Ramón Bayés
Ed. Martinez Roca. Barcelona 2001

É una fonte seria e precisa de información sobre o que supón para pacientes, familiares e clínicos pasar polas vivencias dunha enfermidade terminal. A longa experiencia do autor permítelle presentar estratexias que axudan a tódolos implicados a paliar o sufrimento que as veces se fai presente nos procesos de morrer. Temas fundamentais como a transmisión de malas novas, os procedementos para avaliar o sufrimento ou a clarificación das funcións que deberían esperarse das unidades de coidados intensivos e de paliativos son tratados con sumo rigor.

esto no es justo

Esto no es justo
Sally Nichols

Sam é un apaixonado dos ovnis, das películas de medo, dos inventos científicos . Non encontra a moita xente disposta a falar do que lle interesa, incluída a súa leucemia.

Cun formato moi agradable con debuxos e algunhas páxinas manuscritas con supostas anotacións e listas feitas nunha libreta como:
> cousas que quero que pasen despois da miña morte
> que facer cando alguen morre
> cousas que ninguén quere contestar ... etc

Valente, ameno e áxil, nada casposo, moi interesante nalgúns plantexamentos sobre o significado da morte, aínda que é sempre delicado con todas as posturas, plantexa abertamente posibilidades non moi habituais neste tipo de obra.

Morir con dignidadMorir con dignidad
Macos Gómez Sancho
Arán Ediciones. Madrid 2005

Fundamental como documentación para calquera proxecto de educación para a morte. Encara todos os temas referidos á enfermidade e a morte, desde os difrentes tipos: social, psicolóxica, biolóxica, fisiolóxica, ata aspectos prácticos facendo especial fincapé nos medos e necesidades dos achegados á persoa enferma e nas do propio suxeito que está no proceso de morrer. Compaxina o ensaio científico con abundantes citas literaras.

Antes de morirmeAntes de morirme
Jenny Downham
Ediines Salamandra SA. Barcelona 2009

Un libro ben escrito, honesto e conmovedor. Nada de sentimentalismos nin concesións, é duro pero ao mesmo tempo cheo de tenrura e verdade.
A protagonista é unha adolescente que deixando ao lado a súa enfermidade, non se distancia moito das mozas da súa idade, a dificultade de entenderse cos pais, as pelexas coa súa mellor amiga, as primeiras experiencias sexuais, está farta de todo ao tempo que desexa probar un montón de cousas que aínda non fixo na vida.

Aprender A Morir, Aprender A VivirAprender a morir-aprender a vivir. Preguntas y respuestas
Elizabeth Kubler-Ross
Sirpus Editorial. Barcelona 2003

Con ilustracións e áxil pola estructura de preguntas e respostas, con moitas facetas interesantes como a morte infantil, a negación do tema nas sociedades modernas, a medicalización en entornos fríos. A autora merece o respeto dunha persoa cunha amplísima experiencia no tema. É valiente e nótase que sabe do que está a falar. Interesante para plantexar o debate da eutanasia. Ela non comparte estas prácticas. Ten un sentido trascendente da vida. Pensa que cada persoa ten que aprender da propia experiencia para a súa morte sen dor, porque hai métodos para conseguilo sen acortar tempos.

La vida en la puerta de la nevera.
Alice Kuipers

Unha nai que pretende ser unha profesional seria e responsable no seu traballo, como tantas e tantas nais. Unha rapaza inmersa no turbulento mundo da adolescencia, como outras tantas rapazas, e a porta da neveira como testemuña muda das mensaxes que conforman unha relación só a medias aceptada, só a medias conveniente para ambas. De súpeto, tantas rutinas que parecían garantidas estoupan, o tempo empézase escorrer entre os dedos. Un relato tremendamente efectivo que fala de relacións coas que resulta moi difícil non sentirse identificados.

La naturaleza humanaLa Naturaleza humana
Jesús Mosterin
Espasa-Calpe. Madrid 2005

Aborda o tema da morte no suxestivo e espléndido capítulo Muerte y eutanasia.

El sueño de Frankie.
Pauline Fisk

Aborda o difícil tema a morte dunha amiga nesa idade na que os amigos son tan necesarios como o alimento para poder medrar. Ten un tono xeral contido e delicado, nada morboso nin exento de humor, sen excluír a dureza da situación. Poderíamos dicir que ,probablemente, é unha historia para rapazas que entran na adolescencia, como as protagonistas da historia, por describir perfectamente a complicidade e a intensidade que teñen as nenas de esa idade coas súas mellores amigas.

La muerte y el duelo en el contexto educativoLa muerte y el duelo en el contexto educativo
Concepció Poch e Olga Herrero
Paidós Ibérica. Barcelona 2003

Comeza coa pedagoxía da vida e da morte: como é vista polo alumnado, polos educadores, como é a morte hoxe… Achega moitas testemuñas de como a ven os adolescentes.
A segunda parte atende aos procesos de dó ante as perdas significativas. Unha fonda explicación do que é o dó e de como hai que tratalo no centro docente. Hai que intentar facer partícipe ao alumn@/fillo@ e irlle explicando as cousas. Refire como os que foron apartados do proceso dó/enterro/morte logo o lembran como unha mala experiencia. Dá pautas para tratar o problema. A terceira parte, 70 páxinas con propostas de actividades didácticas sobre a morte para as diversas idades desde os pequenos aos adolescentes/xoves. Textos literarios, música e varias películas.

Lo siento muchoLo siento mucho
Nuno Lobo Antunes
Aguilar. Madrid 2009 

Se tes pensado estudar medicina non estará de máis que leas este libro. Está cheo de inseguridades, de experiencias de dor, de alegría e sobre todo de humanidade, a dun médico neuroncólogo que leva moito tempo traballando con nen@s e moz@s que padecen enfermidades de pronóstico complicado e nos conta algún destes casos mesturados cos seus sentimentos, crenzas e recomendacións. Pode que non compartamos todas as súas ideas e crenzas relixiosaas pero seguro que apendemos da súa sinceridade.

A crueza dalgúns relatos exise unha certa madureza no lector polo que só é apto para alumnado de bacharelato e adultos.

El lenguaje de la inmortalidadEl lenguaje de la inmortalidad. Pompas fúnebres
Eulalio Ferrer
Editorial Fondo de Cultura Económica. México 2004

Mantén a tese de que necesitamos construirnos algún tipo de inmortalidade a través da memoria dos outros para o que se denvolve toda unha linguaxe específica, rituais, pompas fúnebres...
Achega moitos datos históricos facendo un percorrido por distintas épocas, é divertido e curioso e abre moitas vías de reflexión. O estudo que fai sobre a tipoloxía e funcións das esquelas en tanto que plataformas publicitarias é un dos interesantísimos aspectos dos que se ocupa na súa análise da mercantilización da morte que abrangue a evolución da linuaxe fúnebre, os novos soportes e servizos, e as perspectivas do negocio que xira en torno a morte.

Ler máis

El hilo de la vidaEl hilo de la vida
Davide Cali e Serge Bloch
Ediciones B. 2006

 

A vida é un fío vermello.

Cun deseño algo máis que orixinal esta especie de cómic, case sen texto, atina en sinalar os acontecementos clave polos que transcorre a vida de moitas persoas que por outra parte non son alleos á morte.

9788436821895.JPGTratando ... el proceso de duelo y de morir
Leila Nomen (Coord.)

Edicioes Pirámide. Madrid 2008

 

El pato y la muerteEl pato y la muerte.
Wolf Ehrlbruch
Barbara Fiore Editora. Jérez 2007

É unha pequena xoia que seguro non vos deixará indiferentes. Un conto para nenos que engaiola tamén aos adultos.
As ilustracións son incriblemente fermosas e os textos, tras unha aparente simplicidade, amosan as máis profundas relacións entre o vivir e o morrer.

El trip de la muerteEl tip de la muerte
Timothy Leary
Kairós. Barcelona 1998

Unha aproximación nada convencional que destapa as hipocresías e utilizacións que sobre  a morte tecen as industrias funerarias, as relixións e a mesma medicina oficial. Pode que algunha das teorías que ofrece o autor non se vexa avalada pola ortodoxia científica pero iso non lle resta mérito algún ás reivindicacións sobre o dereito á autonomía no morrer dun espíritu cheo de frescura e positividade disposto a probar todas as opcións posibles, mesmo adentrarse no complexo universo das drogas.

ultimo_canto
El último canto
Pablo Albo
Miguel Angel Díez

Onde texto e ilutracións teñen o mesmo peso e eficacia para transmitir a idea central: que os máis peqen@s entendan que smpre hai luz ó final de case todos os tuneis.

Romeiros do alén

Romeiros do alén
Marcial Gondar
Ed. Xerais. Vigo 1993

  Mulleres de mortos
  Marcial Gondar
  Ed. Xerais.Vigo 1991

Unha visión desde a Antropoloxía Social  da morte e do dó na Galicia tradicional, rural e costeira. Ambos títulos se complementan e neles podemos encontrar as claves para entender a importancia que as estratexias sociais teñen para que persoas e comunidades sobrevivan positivamente á morte, ao tempo que se patentiza o papel que as mulleres teñen desempeñado neses procesos.
Estas obras contribúen significativamente a entender as actuacións en torno á morte superando as perspectivas psicoloxicistas e dándonos pé para a creación de novas ritualizacións e redes sociais necesarias nestes tempos de cambio para o tratamento da morte e o morrer.

Non é doado pequeno esquío
Elisa Ramón

É un intento moi interesante patra abordar con seriedade un tema tan difícil para os cativ@s. Non presenta unha imaxe idílica, senón que axuda a aceptar sentimentos de rabia, soidade, culpa e a elaborar o proceso necesario para chegar a entender e aceptar unha perda sempre dura, pero especialmente desgarradora a esa idade.

 
 
 
Última modificación: Xoves, 14 de Xullo de 2016, 12:42