A morte tanto a vivida en primeira persoa como a daquelas coas que temos unión afectiva é unha das experiencias máis fortes da nosa existencia.  O cúmulo de emocións que provoca inflúe no noso organismo e  a nosa relación co mundo e os demais. Recoñecer esas emocións, e esperalas como normais facilita o paso polo período de dó presente ou futuro.

Buscamos, entón, palabras que expresan os sentimentos e emocións que encontramos cando nos mergullamos nas situacións máis próximas á morte que temos vivido.  Poñerlle nome a esas sensacións e comunicarllas aos demais forma parte da preparación para asumir o futuro certo do morrer e mesmo pode servir coma un primeiro paso terapéutico das presentes angustias e temores. Os demais nos escoitan e comparten connosco as súas inquedanzas.

Este é o resultado das composicións persoais  baseadas nas achegas de palabras do foro CREA e da Wiki. Todas as maxes, textos e sons proceden do grupo de alumnado de 1º de bacharelato que participa nesta actividade.

Desde esta presentación é posible acceder a cada unha das composicións premendo nas zonas activas correspondentes. Ademais todas están entretecidas mediante ligazóns, algún dos cales leva a outros contidos multimedia. O conxunto forma un todo unitario cheo de diversidade.

Última modificación: Xoves, 14 de Xullo de 2016, 12:42