Proxectos Internacionais

1º Proxecto Europeo e-Twinning no IES SALVATERRA DE MIÑO para alumnado de 1º da ESO

Proxecto  e-Twinning. "READ, PLAY and WRITE!".

Participan 4 centros de ensino de Europa:

Centro Coordinador:

TURQUÍA: Gebze Ahmet Zeki Büyükkuşoğlu Ortaokulu, profesora Merve Güney (organizadora do proxecto). Páxina web do centro https://azb.meb.k12.tr/

Centros Asociados:

ROMANÍA:  Scoala Gimnaziala Miron Costin Suceava  profesoras: Raluca Marianciuc e Ionela Piniuc. Páxina do centro http://scoalamironcostinsuceava.ro/

UCRAÍNA: Siversk school № 2, profesora Natalia Chaplyk.

ESPAÑA: IES Salvaterra de Miño.Coordinadora: Profesora de inglés María Filgueira Alfonso.

Este proxecto está coornidado no noso centro pola profesora de Inglés e dirixido a alumnado de 1º da ESO.

As actividades comezaron en febreiro e rematarán a finais deste mes de maio de 2021.

Manteñen contacto a través de diversos soportes online para traballar os contidos propostos ao inicio do proxecto.

Parabéns!

 

Publicación de actas do proceso de selección para unha mobilidade Erasmus+ a Finlandia dentro do programa PRÁCTICUM DEPO 2019. Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría.

Publicación de actas do proceso de selección para unha mobilidade Erasmus+ a Finlandia dentro do programa PRÁCTICUM DEPO 2019. Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría.

A mobilidade comezará no mes de Outubro de 2020. 

Ten unha duración de 125 días.

Animamos ao alumnado de Soldadura e Caldeiraría a participar en vindeiras convocatorias.

Proxecto ACT Erasmus+ KA3 "Salvaterra sen barreiras"

Publicación no Faro de Vigo do proxecto "Salvaterra sen barreiras". Este proxecto foi elaborado por alumnos e profesores de Valores Éticos dentro do programa ACT Erasmus+ KA3. É o resultado da formación de alumnado e profesorado ademais dun traballo de campo sobre a mobilidade de persoas con discapacidade motora e visual no casco urbano de Salvaterra de Miño.

"Salvaterra sen Barreiras" Proxecto KA3 para a materia de Valores Éticos. Atlántico Diario

Alumnado de 3º da ESO participa no Proxecto ACT (KA3). 

O alumnado e profesorado que participa no Proxecto ACT entregou no concello o resultado do seu traballo. 

O traballo consistiu en elaborar un traballo de campo sobre a mobilidade de persoas con algunha discapacidade motora ou visual no casco urbano de Salvaterra de Miño.

Proxectos internacionais no ATLÁNTICO DIARIO.

Proxectos Internacionais no ATLÁNTICO DIARIO.

t

Distribuir contido