Matrícula para o curso 2023-2024
O prazo para a matriculación vai do 23 de xuño ao 7 de xullo.
Para evitar aglomeracións e longas esperas, establécese o seguinte calendario no que se farán preferentemente as matrículas para cada curso por días:
1º ESO- 23, 26 e 27 de xuño.
2º ESO- 27 e 28 de xuño.
3º ESO- 28, 29 e 30 de xuño.
4º ESO- 30 de xuño, 3 e 4 de xullo.
BACHARELATO- 3, 4, 5 e 6 de xullo.
1ºFPBÁSICA- nos prazos fixados pola administración.
2ºFPBÁSICA- 26 de xuño.
Durante a entrega de notas facilitaranse os sobres de matrícula ao alumnado [luns 26 de xuño 10h] Pódense consultar os modelos de matrícula nesta ligazón (son informativos; o que hai que cubrir é o que se entrega no sobre)
Nos sobres aparece ademais a seguinte documentación:
*Participación nas seccións bilingües (máis info aquí)
*autorización para a recollida do alumnado durante a xornada escolar (é importante cubrir cos datos dos familiares e persoas próximas coas que se poida contar para que se responsabilicen da recollida dos menores en caso de ter que iren ao médico ou que se encontren mal)
*Rutas de transporte: as que van en maiúscula é porque precian a tarxeta "xente nova" que se pode solicitar en //Abanca (no propio sobre hai información específica)
*Autorización para o tratamento de imaxes: de acordo coa Lei de Protección de Datos, solicítase autorización para uso das mesmas. Todos os documentos deben ir asinados polo pai, nai, titor/a legal así como polo propio alumno/a cando teña máis de 14 anos ou os cumpra nese curso.
*Información uso TICs no centro, proxecto EDIXGAL (para a ESO; recoméndase dar de alta o seguro correspondente a fin de evitar ter que asumir gastos importantes en caso de accidentes ou avarías que non cubra a garantía do equipamento) e a app ABALAR MÓBIL.
*No caso de separación legal dos proxenitores é obrigatorio entregar copia da sentenza xudicial. Se a situación se dá durante o curso, débese entregar canto antes.