Resolución do X Concurso de Fotografía Matemática

O fallo do xurado encargado de resolver o X Concurso de Fotografía Matemática queda como segue:

1º premio: "Espiral numérica hacia un cubo" de Laura Pérez Domínguez (2º Bacharelato B)

2º premio: "Simetría do romanescu" de Victoria Costal Gómez (1º ESO B)

3º premio: "Aprender matemáticas está nas túas mans" de Aixa Sampil Rodríguez (6º de primaria CEP Carlos Casares)

 

Dende o departamento de Matemáticas do IES Salvaterra de Miño queremos agradecer a vosa participación e dar a noraboa, non só ás gañadoras, senón a todas as persoas que enviastes as vosas fotografías xa que, en xeral, a calidade das fotos fíxonos bastante difícil a elección.

Moitas grazas... o vindeiro curso a XI edición.

Destacado:

EXAMES FINAIS CICLO MEDIO SOLDADURA

Está publicada nesta ligazón o calendario oficial de exames de final de curso de FP Ciclo Medio de Soldadura.

 

 

 

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES

ESPECÍCIFAS DE APOIO EDUCATIVO



Xa está aberta a convocatoria destas axudas para o vindeiro curso 2023/2024.

Prazo: pódese solicitar ata o 20 de setembro de 2023.

Beneficiarios: 
 alumnado que presente unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:

  • Discapacidade (igual ou superior ao 33%)
  • Trastorno grave da conduta ou da comunicación e da linguaxe
  • Trastorno do espectro autista
  • Altas capacidades


Premendo nesta ligazón podes acceder a toda a información sobre:

 

  • Tipos de axuda: quen pode solicitala, para qué estudos, canto diñeiro podes recibir
  • Como solicitala: cando debes solicitala e pasos para facelo
  • Que precisas: requisitos en canto a idade, necesidade de apoio educativo, situación económica...

 

 

ESO AXUDAS DE MATERIAL

Nesta ligazón tes toda a información (Prazo: do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023)

 

ABAU 2023

Nesta ligazón tes todos os pasos para matricularte nas ABAU

 

INFORMACIÓN SOBRE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Accedendo a esta ligazón podes consultar a toda a información sobre o teu futuro académico; estudos, bolsas de estudo, opcións de residencias, modalidades de bacharelato, formas de acceso a ciclos formativos medios ou superiores...

 

 

DESCONVOCADA A FOLGA DE TRANSPORTE 

23/05/23

Infórmase de que aínda que haxa convocatorias de folga abertas, estas non están afectando ao transporte escolar que fai o servizo ao IES Salvaterra de Miño. En caso de termos coñecemento dalgunha incidencia avisaremos rapidamente tanto mediante abalarmóbil ou nesta plataforma.

02/05/23

A ANPA Chan da Ponte deixa neste escrito constancia da súa repulsa ante o incumprimento por parte dos servizos mínimos anunciados para o 31 de marzo.

 

26/04/23 (serán)

Informamos de que fontes da empresa que presta o servizo de transporte ao IES Salvaterra de Miño vén de desconvocar a folga anunciada esta mañá. A medida que teñamos máis información sobre este feito iremos publicando nesta web.

 

26/04/23 (mañá)

Poñemos en coñecemento de toda a comunidade educativa que está convocada para o xoves 27 e venres 28 de abril unha nova folga de transporte, segundo informa a delegación provincial de Educación saen publicados no DOG do 26/04/23 os servizos mínimos que no caso da nosa área de influencia consisten en que se debe garantir o servizo nas paradas a partir dos 4 km do centro. Pódese acceder ao DOG nesta ligazón.

Así mesmo, cónstanos que a intención das persoas manifestantes é a de non cubrir eses servizos mínimos.

En consecuencia, as familias  deberán responsabilizarse do transporte e/ou custodia dos menores para garantir a súa seguridade, dereito e deber de asistir ás clases.

 

Lembramos que a última convocatoria foi o pasado venres 31 de marzo. Na seguinte LIGAZÓN-DOG saían publicados os servizos mínimos que se debían cubrir e que garantían que as paradas de máis de 4 km dos centros de ensino tiñan que operar con normalidade.

En realidade non se respectaron os servizos mínimos polo que o alumnado tivo que ser transportado polas familias. Ás 14h tampouco operou o servizo de recollida. Por este motivo tanto a ANPA coma o IES Salvaterra de Miño veñen de mostrar o seu malestar polos prexuízos ocasionados ás nosas familias. En consecuencia estase procedendoa presentar as correspondentes reclamacións ante as entidades pertinentes.

 

 

 

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23 

Requisitos:

  • Ter cursado 4ºESO no ano escolar 2022/23
  • Estar proposto polo equipo docente para titular
  • Nota media ESO igual ou superior a 9

Solicitudes: As persoas interesadas (ou os seus representantes legais) presentarán a solicitude de participación preferiblemente a través da aplicación informática "PremiosEdu" (https://edu.xunta.gal/premiosedu/)

Prazo: do 31 de maio ao 30 de xuño de 2023

Proba: O alumnado admitido deberá realizar unha proba presencial o 6 de setembro (lugar e hora por determinar). 

Estrutura da proba:

1. Primeira parte (2h): constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de cuarto curso: Lingua galega e literatura (agás o alumnado con exención en Lingua Galega e Literatura), Lingua castelá e literatura, e Primeira lingua estranxeira.

2. Segunda parte (2h): resposta a diversas cuestións teóricas e/ou prácticas, de tres materias do currículo de cuarto curso: 

  • Xeografía e historia.
  • Unha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas ou Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas.
  • Unha materia para escoller de entre as materias de opción do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Bioloxía e xeoloxía, Economía, Física e química, Latín, Ciencias aplicadas á actividade profesional, Iniciación á actividade emprendedora e empresarial ou Tecnoloxía.


Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios extraordinarios.
O alumnado que reciba o premio extraordinario:

  • Percibirá unha dotación econónima e un diploma acreditativo.
  • Poderá concurrir, previa solicitude, ao correspondente premio nacional.
Máis información na páxina web https://edu.xunta.gal/premiosedu/  e na Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23 (Orde DOG Venres, 14 de abril de 2023 (xunta.gal)).

 

 

PREMIMO EXTRAORDINARIO DE BACHARELATO 22/23

Requisitos:

  • Finalizar estudos BAC no curso 2022/23
  • Nota media BAC igual ou superior a 8,75

Solicitudes: As persoas interesadas (ou os seus representantes legais) presentarán a solicitude de participación preferiblemente a través da aplicación informática "PremiosEdu" (https://edu.xunta.gal/premiosedu/)

Prazo: do 26 de abril ao 25 de maio de 2023

Proba: O alumnado admitido deberá realizar unha proba presencial o 14 de xuño (lugar e hora por determinar). 

Estrutura da proba:

1. Primeira parte (2h):
          -  Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema xeral, histórico, filosófico ou literario.
          - Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na Primeira Lingua Estranxeira II cursada.

2. Segunda parte (1h): Desenvolvemento de temas, respostas a cuestiónse/ou exercicios prácticos dunha materia xeral do bloque de materias troncais do BAC cursada polo/a alumno/a (Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás CCSS II, Latín II e Fundamentos da Arte II).

Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios extraordinarios.
O alumnado que reciba o premio extraordinario:

  • Percibirá unha dotación econónima e un diploma acreditativo.
  • Estará exento do pago dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público para o curso 2023/24.
  • Poderá concurrir, previa solicitude, ao correspondente premio nacional.
 
Máis información na páxina web https://edu.xunta.gal/premiosedu/  e na Orde do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de Bacharelaro correspondentes ao curso 2022/23 (Orde DOG Luns, 3 de abril de 2023 (xunta.gal)).

 

 

CONVOCATORIA OFICIAL DE EXAMES PARA SUPERAR AS MATERIAS PENDENTES

 

 

 ACTUALIZACIÓN EQUIPOS EDIXGAL 2º e 3º ESO 

Os equipos de 2º ESO e 3º ESO que non foron actualizados o pasado 31 de marzo irán sendo actualizados nos vindeiros días. Cómpre manter os equipos sen datos gardados e será a profesora coordinadora Edixgal quen pase polas clases para dar as indicacións precisas para entregalos e recollelos.

 

 

NA SEMANA DA CIENCIA... NATURALMENTE, PODCAST SOBRE SAÚDE MENTAL!

Xa se poden oír en liña os primeiros capitulos ofrecidos polo alumnado de 3º da ESO, oratoria. O venres 31 realizaron unha presentación oficial nas clases de 1º e 2º da ESO. Para escoitalos, podes acceder á seguinte LIGAZÓN

presentación en CANVA

presentación en PDF

 

 

 

 

Na Semana da Ciencia... estreamos vídeo: Non estás soa!

 

 

 

ABRE O PRAZO PARA SOLICITAR BOLSAS DE ESTUDOS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN PARA FORMACIÓN NON OBRIGATORIA (BACHARELATOS, CICLOS...)

Achegamos o cartel informativo para alertar da inminente convocatoria da Bolsa Xeral de estudos postobrigatorios para o vindeiro curso 2023/24. A convocatoria oficial será publicada en breve (en canto se publique, haberá copia impresa nos estantes que hai diante do departamento de orientación para que a poidan consultar).

Prazo de solicitude: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.

Procedemento: solicitude telemática a través da Sede Electrónica do Ministerio de Educación e FP

Alumnado que pode solicitala: o que no vindeiro curso 2023/24 estea cursando estudos postobrigatorios:

  1. Estudos non universitariosBacharelato, Ciclos de FP de Grao Básico, Medio ou Superior, Ensinanzas artísticas, deportivas e de idiomas (en Escolas Oficiais de Idiomas).
  2. Estudos universitarios: Grao, Máster.

Actualmente moito alumnado non sabe con seguridade que é o que vai estar cursando o vindeiro curso. Deben solicitar igualmente a bolsa. En setembro abrirase un prazo para que acrediten os estudos nos que finalmente están matriculados.

profesorado titor de 4ºESO, Bacharelato, Ciclo Soldadura e Ciclo Madeira recordará esta información nas aulas para que as familias fagan as xestións pertinentes en prazo e poidan desfrutar destas axudas no vindeiro curso.

 

 

DE INTERESE PARA ALUMNADO DE BACHARELATO:

 

Xa está publicada a convocatoria de probas físicas para o acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte para o curso 2023/2024 na Universidade de Vigo.Nesta ligazón atópase toda a información:  https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1086.O prazo de presentación de solicitudes é do 15 de marzo ao 11 de abril de 2023.As probas da Universidade de Vigo teñen unha validez de dous cursos. (para acceder ao Grao no curso 2023/24 e no 2024/25).Tamén está publicada a convocatoria das pribas físicas para o mesmo Grao na Universidade da Coruña.Nesta ligazón atópase a información:https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2023/000393/document?logicalId=e728d123-f2c2-4bc5-adb8-a0ab7aa3b12e&documentCsv=IE7LHVVD2A73C7VQ1F8KR263Nesta Universidade hai dúas oportunidades  para facer as probas físicas, con dous prazos distintos de presentación de solicitudes - Probas físicas o 22 de abril: presentación das solicitudes  ata o 17 de marzo ás 14:00h.- Probas físicas o 20 de xuño (e 21 en función do número de solicitudes): presentación de solicitudes do 5 de maio ao 17 de maio ás 14:00h.As probas da Universidade da Coruña teñen vixencia durante tres cursos. (para acceder ao Grao no curso 2023/24 e no 2024/25 e 2025/26).Pódese presentar ás probas alumnado que teña superado ou estea cursando Bacharelato ou un Ciclo de Formación Profesional de Grao Superior.

 

 

 

ALUMNADO DO IES SALVATERRA DE MIÑO CONTINÚA CO PROXECTO O MONTE VIVO CUNHA NOVA EDICIÓN DA PLANTACIÓN QUE SE FARÁ O 22 DE MARZO NO MONTE CASTELO DE PESQUEIRAS.

A parroquia de Pesqueiras acollerá o vindeiro mércores 22 de marzo varios grupos da ESO, do programa TITORÍA ENTRE IGUAIS (1º e 3º) así como unha representación da Formación Profesional no sector da madeira que se cursa no centro (1º) e contarán cuns ilustres convidados; o alumnado do CRA de Pesqueiras que tamén se achegará ao Monte Castelo para deixar o seu grao de area neste proxecto. Consolidado ao longo dos anos, O monte vivo pretende centrar as olladas da sociedade local no monte que nos rodea, fonte de ingresos económicos mais tamén área de recreo e deporte. No ano en que a Semana da Ciencia se vai dedicar á saúde mental, a natureza recobra vital importancia para a reordenación e o equilibreio persoal e social.

Cómpre destacar a colaboración da Anpa do centro, do Concello de Salvaterra, da Empresa de autobuses Raúl, da Comunidade de Montes de Pesqueiras e do Distrito Forestal XVII que serán os encargados de preparar a zona de recreo na que se vai facer a plantación e de guiar ao alumnado nestes labores, así como de transportalo desde o centro até a área recreativa que hai ao pé da Capela da Ascensión, no MONTE CASTELO.

Deixamos guía de plantación elaborada polo centro  para aprendermos a facer a plantación das especies autóctonas de folla caduca que nuns anos serán portadoras de sombra nos cálidados veráns de Salvaterra e dadoras de vida para inmúmas especies, tamén a humana.

Parabéns e ánimo ao alumnado que está a preprar con tanta ilusión a PLANTACIÓN 2023 do IES SALVATERRA DE MIÑO. Grazas a toda a comunidade que colabora demostrando a valía do traballo en equipo.

 

 

SOLICITUDE DE RESERVA ALUMNADO CURSO 2023/2024

-RESERVA: Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, xa se poden consultar os listados na secretaría do centro.

-ADMISIÓN:Está aberto o prazo, remata o 20 de marzo.

 

PROBAS DE ACCESO A CICLOS

MEDIOS E SUPERIORES

Nesta ligazón podes acceder a toda a información relativa ás probas de acceso aos ciclos de Formación Profesional, tanto do nivel medio como superior para a convocatoria deste curso en 2023.

Este é o calendario oficial do proceso:

 

RECORDATORIO Normas Covid para o curso actual:

-Nas aulas elimínanse as limitacións de capacidade e distancias, pero mantense a VENTILACIÓN, DESINFECCIÓN e aconséllas a NON AGLOMERACIÓN. O uso da máscara no centro é opcional.

 

 

 

 

Máis información no teléfono 886 11 07 01 ou no correo electrónico

 ies.salvaterra.mino@edu.xunta.gal.

 

 

 Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23

Convocatoria de becas para material escolar curso 2020/2021 | Ayuntamiento  Daimiel

 

 

CONVOCATORIA BECAS 

 

 

 

Distribuir contido