ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

O pasado 30 de setembro de 2022 publicouse no DOG a Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Así mesmo, no Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario, no artigo 30 especifícase: 

"A organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral, que se constituirá en cada centro, nas datas que fixe a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e que esteará integrada polo director ou directora do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal, un representante do persoal de administración e servicios, e, de se-lo caso, un alumno ou alumna de educación secundaria; designados os catro últimos por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes."

 E no artigo 31 establécense as funcións da Xunta Electoral:

a) Aprobar e publica-los censos electorais, que deberán reflexar, en todo caso, nome apelidos dos electores.

b) Concreta-lo calendario electoral, de acordo co establecido no artigo 29° do presente Regulamento.

c) Ordena-lo proceso electoral.

d) Admitir e proclamar candidaturas.

e) Promove-la constitución das distintas mesas electorais.

f) Resolve-las reclamacións presentadas contra as resolucións das mesas electorais. g) Proclama-los candidatos elixidos e remiti-las correspondentes actas á Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

En consecuencia, establécese o seguinte calendario, co que se ordena o proceso de cara á renovación do Consello Escolar. Poderase consultar o censo nos taboleiros habilitados a este efecto na entrada do instituto e tamén se establecen as datas para a presentación de candidaturas en todos os sectores a renovar: profesorado, alumnado, familias, Persoal de Administración e Servizos. Concello e ANPA poden propoñer no prazo de 10 días os seus representantes.

AdxuntoTamaño
decreto_92_1988.pdf25.64 KB