Skip to Content

Bolsas e axudas

Información sobre bolsas, axudas e premios ao estudo

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E DE AXUDAS PARA O MATERIAL ESCOLAR

O prazo de presentación das solicitudes de participación no Fondo solidario de libros de texto e de axudas para o material escolar será do 21 de maio de 2024 ao 21 de xuño de 2024.

Infórmase que, o alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación  dixital (EDIXGAL) no curso 2024/25 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Este curso todos os cursos do ESO están incluídos en Edixgal.

Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

Pódense presentar a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (procedemento recomendado) ou na Secretaría do Instituto en horario de 9:00 a 14:00.

- Máis información na Aplicación FondoLibros.

- Modelos de impresos Anexos I e II

- Documentación necesaria

- Preguntas frecuentes

- Devolución de libros do curso 2023-2024: día 20 de xuño na Biblioteca no seguinte horario:

De 09:00 a 10:30 : 4º ESO

Só se entregan en Biblioteca os libros prestados pola Xunta, xestionados pola Secretaría do Centro.

Vales de material

 Os vales de material  xa asignados  poderanse recoller na secretaría do centro

Os cheques entregaranse á persoa solicitante, tras comprobar DNI, ou persoa maior de idade que traia a autorización de recollida de documentos, disponible no enlace Impresos na sección Secretaría desta páxina.

 

 

CONVOCATORIA BECAS DO MEC 24/25

PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?

 

Para alumnos que no curso 24/25 estean matriculados en:

  • •Bacharelato 

  • •Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados  

  • •Formación Profesional de grao medio e de grao superior  

  • •Ensinos artísticos: profesionais e superiores  

  • •Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia 

  • •Ensinos deportivos  

  • •Estudos relixiosos superiores  

  • •Formación Profesional de Grao Básico  

  • •Ensino universitario: Grados, Máster...  

 

COMO SOLICITALA?.

1. ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICA. https://sede.educacion.gob.es Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

 

2. REXÍSTRATE.

 

  • ➔Para rexistrarte, necesitas un usuario e un contrasinal: 

 

  • •Se xa te rexistraches previamente para calquera outro trámite, a túa conta segue sendo válida e non fai falta que che volvas a rexistrar. 

  • •Se nunca te rexistraches, clica en «Rexístrese» e segue os pasos para crear unha conta.  

 

  • ➔Para acceder á solicitude de bolsa, podes facelo de dúas formas:  

 

  • •.Çon Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas) ou certificado electrónico, se dispós deles, ou  

  • •.Mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que te rexistraches na sede electrónica.  

     

3.ENCHE O FORMULARIO. Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non che pediremos que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegas algún documento concreto.

 

4.IMPRIME O XUSTIFICANTE DE PRESENTACION. COMPROBA SE TE ATOPAS NALGUNHA DAS SITUACIÓNS PARA REMITIR DOCUMENTACION:

 
DIRECCION PARA REMITIR DOCUMENTACION Á UNIDADE DE BOLSAS
XEFATURA TERRITORIAL DÁ CORUÑA. CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

Servizo de Apoio aos Servizos Educativos . Sección de Bolsas de Estudo
R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña

 

 

  • ➔PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES: do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. (horas peninsulares)  

     

  • ➔PARA MAIS INFORMACION: https://www.becaseducacion.gob.es  

     

  • ➔DURANTE Os MESES DE AGOSTO E SETEMBRO DEBES ESTAR ATENTO Ao CORREO ELECTRONICO  

  • ➔Non o deixes para o final. Pide a túa bolsa aínda que non saibas o que vas estudar ou mesmo se vas ou non a estudar.  

Información recurso de reposición bolsas de estudo Convocatoria 22-23

Información sobre presentación recurso de reposición de bolsas de estudo do curso 2022/2023, convocatoria xeral, para aqueles/as alumnos/as que non aparezan nas listaxes definitivas, lles fora denegada a bolsa ou non estean dacordo coa contía teñen aberta a posibilidade interpoñer o devandito recurso.

 

Becas e axudas a alumnos/as de niveis postobrigatorios Curso 2023-2024

Becas e axudas a alumnos/as de niveis postobrigatorios

Curso 2023-2024

 
Prazo de presentación de solicitudes:ABERTO dende o 27 de marzo de 2023 ata o 17 de maio de 2023
 

A convocatoria publicouse o 17 de marzo de 2023

Toda a información sobre esta convocatoria poderás atopala en

Portal de BECAS de EDUCACIÓN 

A presentación de solicitudes debe facerse a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

 

Fondo solidario de libros de texto curso 2023-2024

 

O prazo de presentación das solicitudes de participación no Fondo solidario de libros de texto e de axudas para o material escolar será do 20 de maio ao 21 de xuño.

 

Pódense presentar a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (procedemento recomendado) ou na Secretaría do Instituto en horario de 9:00 a 14:00.

- Máis información na Aplicación FondoLibros.

- Modelos de impresos Anexos I e II

- Documentación necesaria

- Preguntas frecuentes

- Devolución de libros do curso 2021-2022: día 20 de xuño na Biblioteca no seguinte horario:

De 09:00 a 10:30 : 3º ESO

De 10:30 a 12:00 : 4º ESO

Só se entregan en Bilblioteca os libros prestados pola Xunta, xestionados pola Secretaría do Centro.

Publlicación listaxes provisionais: 12 de xullo.

Prazo de reclamacións: días 13 e 14 de xullo.

Publicación listaxes definitivas: 26 de xullo.

 

Vales de material

 

   Os vales de material  xa asignados  poderanse recollerse na secretaría do centro .

Os cheques entregaranse á persoa solicitante, tras comprobar DNI, ou persoa maior de idade que traia a autorización de recollida de documentos, disponible no enlace Impresos na sección Secretaría desta páxina.

 

Bolsas NEAE

Está publicado no BOE a convocatoria anual para a solicitude de becas e axudas para alumnado con necesidadeses especiais de apoio educativo (NEAE).

Prazo de presentación de  solicitudes: desde o día 19 de maio de 2022 ata o día  30 de setembro de 2022.


A solicitude realízase únicamente online a través do servizo electrónico do Ministerio de Educación, onde poden atopar toda a información necesaria da convocatoria.

 

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2020

A Consellería de Educación convoca un total de 1600 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2020.

Prazo aberto desde o 27 de febreiro ata o 26 de marzo (ambos incluídos).

Enlace ao portal educativo con acceso á aplicación AXUDASLE.

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2019

A Consellería de Educación convoca un total de 1600 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2019.

Prazo aberto desde o 21 de febrerio ata o 20 de marzo (incluídos).

Enlace ao portal educativo con acceso á aplicación AXUDASLE.

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2017-2018

Convocados os Premios extraordinarios do Bacharelato correspondentes ao curso 2017-2018.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 2 de maio de 2018.

Toda a información, aquí.

Campus científico de verán 2018

Na web http://www.campuscientificos.es está toda a información referente á convocatoria de Campus Científicos de Verán 2018 que se desenvolven no mes de xullo en distintos campus universitarios de España

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto do 16 de febreiro ata as 15:00h do 9 de marzo de 2018

Distribuir contido


by Dr. Radut