Skip to Content

Probas de acceso á universidade e ciclos

Información sobre as probas de acceso á universidade e a ciclos formativos

Calendario ABAU 2023

 

Calendario ABAU probas ordinarias  e extraordinarias

Devolución prezos públicos das ABAU

  

Prazo prematrícula ABAU 2023: do 18 ao 22 de maio

 

Instruccións formalización matrícula ABAU:

 

1º Solicitude do título de bacharelato (Imprescindible para presentarse a ABAU)

Para solicitar o título é necesario pagar as taxas.

Entrar na páxina web da Axencia Tributaria de Galicia e ir á páxina da Axencia Tributaria de Galicia OV TRibutaria (Cidadáns)

  • No apartado Pago de taxas e prezos escoller Iniciar taxa, candado aberto

Agora tes dúas opcións para o pago das taxas: 

  • Iniciar taxa: para facer o pago electrónicamente (terás que presentarnos o exemplar para a Administración unha vez pagado).

  • Descargar modelo: para cubrilo en papel e pagar presencialmente no banco (terás que presentarnos o exemplar para a Administración unha vez pagado).

Información para cubrir os impresos (tanto en papel como electrónicamente): 

Códigos: 

Consellería de CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE ....07 

Delegación de A CORUÑA.............................................. 10 

Servizo de ENSINO MEDIO ............................................03 

Taxa: denominación EXPEDICIÓN DE TÍTULOS ACADÉMICOS E PROFESIONAIS LOE E DOS SEUS DUPLICADOS ...........   302003 

Suxeito pasivo: 

NIF, apelidos, nome e enderezo do alumno. 

Liquidación: 

Tarifa ordinaria 54,00 € 

Familia numerosa de categoría xeral 27,03 € 

Familia numerosa de de categoría especial 0 €

NOTA: O alumnado matriculado só nas materias comúns de 2º de Bacharelato por estar cursando sexto no Conservatorio Profesional de Música deben aportar un certificado de conservatorio coas cualificacións e proposta do correspondente título.

 

2º Matrícula ordinaria nas probas ABAU

O alumnado que desexe matricularse na ABAU, unha vez cuberta a documentación e pagadas as taxas das ABAU e do Título de Bacharelato, deberá entregar na secretaría do centro, entre o 18 e 22 de maio (en horario de 9 a 14 horas):

  1. Fotocopia do DNI ou Pasaporte (no caso de estranxeiros).

  2. Xustificante de pago das taxas de expedición do Título de Bacharelato.

  3. Impreso de matrícula da ABAU. Cubrilo e imprimir 1 copia desde este enlace:  Impreso_prematricula_bach.pdf (ciug.gal)

  1. Resgardo acreditativo de ter aboados os prezos públicos de matrícula da ABAU. Cubrilo e imprimir 3 copias desde este enlace:  Impreso taxas ABAU

  •  NOTA: Este pago dos prezos públicos de matrícula da ABAU pódese facer de xeito telemático a través da aplicación NERTA da CIUG, pero antes é imprescindible acudir a secretaría do centro a entregar a documentación dos puntos 1, 2 e 3 anteriores, para poder posteriormente ter acceso ao NERTA. Ver o PDF Instrucións pago de taxas abau nerta
  •  NOTA: As copias dos impresos citados nos apartados 3 e 4 están a disposición do alumnado na páxina web da CIUG.

Información completa na páxina da CIUG: CiUG | ABAU

Importe do prezo da matrícula ABAU:

Tarifa Ordinaria 63,67 €

Familia numerosa de categoría xeral 31,84 €

Familia numerosa de categoría especial, persoal das Universidades do SUG, persoas con discapacidade (33%), vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero Gratuíta

NOTA: O alumnado que alegue ser membro de Familia Numerosa deberá aportar a fotocopia do Título de Familia Numerosa.

A gratuidade aplicable ao persoal das Universidades do SUG deberá acreditarse mediante certificación dos respectivos Servicios de Persoal acompañada da fotocopia das páxinas do libro de familia onde figure o titular e o alumno ou alumna.

Unha vez matriculados, o alumnado poderá acceder á aplicación NERTA da CIUG cunha conta de usuaria/o que lle chegará ao seu correo electrónico e que será a vía para ver a nota das ABAU, reclamar, etc. Para máis información: Ver PDF Instruccións NERTA Alumnado ABAU_2022.

 

Publicación da listaxe de matriculas

  • 23 de maio na secretaría do centro o alumnado poderá revisar os datos da súa matrícula e, se houbese algún erro, interpor reclamación ata as 14:00 horas dese día. 

  • A partir do 25 de maio o alumnado poderá consultar en Nerta a súa matrícula na ABAU.

 

Probas ABAU

  • Lugar para o alumnado do IES Salvador de Madariaga: Facultade de Informática. Campus de Elviña. A Coruña.

  • Datas convocatoria ordinaria: 6, 7 e 8 de xuño.

  • Datas convocatoria extraordinaria: 11, 12 e 13 de xullo.

  • Mais información en: Convocatoria-Ordinaria-ABAU-2023-def (ciug.gal)

 

DEVOLUCIÓN PREZOS PÚBLICOS DAS ABAU 2022

 

EN RELACIÓN AO ENVIO DE SOLICITUDES DE DEVOLUCIÓN DE PREZOS PÚBLICOS DAS ABAU:

1.-As solicitudes coa documentación correspondente deberán presentarse en ciug@ciug.gal

2.- O alumno, terá que presentar unha instancia, onde figuren os seus datos persoais, número de conta para a devolución e o motivo da mesma. Ademais do xustificante da matrícula das ABAU

 

CAUSAS QUE DAN DEREITO Á DEVOLUCIÓN:

1.-PAGAMENTO DUPLICADO: Deberase adxuntar á instancia un PDF cos xustificantes do aboamento.

2.-FILLO OU FILLA DE  TRABALLADORES DO SUG QUE FIXERAN O PAGAMENTO ESTANDO EXENTOS: Deberase adxuntar un PDF do libro de familia, e unha certificación da Universidade do traballador con dereito á exención.

3.-RELACIONADOS COA SAÚDE: Deberase adxuntar PDF do certificado médico

4.-CALQUERA OUTRO MOTIVO CONTEMPLADO NA NORMATIVA DAS UNIVERSIDADES DO SUG

 

NON PROCEDERÁ NINGUNHA DEVOLUCIÓN CANDO AS CAUSAS QUE A MOTIVEN SEXAN IMPUTABLES AO INTERESADO.

 

O prazo para a convocatoria ordinaria remata o día 13 de xuño, para a convocatoria extraordinaria o día 22 de xullo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut